{"id":4500,"date":"2020-08-31T19:21:29","date_gmt":"2020-08-31T17:21:29","guid":{"rendered":"https:\/\/campolameiro.org\/?p=4500"},"modified":"2020-08-31T19:22:14","modified_gmt":"2020-08-31T17:22:14","slug":"o-concello-de-campo-lameiro-pecha-as-contas-do-2019-cun-superavit-duns-73-000-euros","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/o-concello-de-campo-lameiro-pecha-as-contas-do-2019-cun-superavit-duns-73-000-euros\/","title":{"rendered":"O CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO PECHA AS CONTAS DO 2019 CUN SUPER\u00c1VIT DUNS 73.000 EUROS  \u00a0"},"content":{"rendered":"<p>O Pleno da Corporaci\u00f3n Municipal do Concello de Campo Lameiro aprobou a Conta Xeral do ano 2019 que arroxou un resultado positivo de m\u00e1is de 73.000 euros sobre un orzamento municipal que ronda o mill\u00f3n de euros. O alcalde, Carlos Costa valorou o feito de que as contas municipais, o promedio de pago a proveedores e o cumprimento da norma de gasto e as normas de estabilidade orzamentaria certificaban a boa xesti\u00f3n econ\u00f3mica e a solvencia do Concello de Campo Lameiro.<\/p>\n<p>Entre outros asuntos tratados e que sa\u00edron adiante co acordo un\u00e1nime polos membros da Corporaci\u00f3n Municipal estiveron a normativa que rexir\u00e1 o Rexistro de Asociaci\u00f3ns Veci\u00f1ais do concello e os festivos locais para o vindeiro ano que ser\u00e1 o 14 de xu\u00f1o, San Antonio, e o 29 de setembro, San Miguel.<\/p>\n<p>Asemade, a Corporaci\u00f3n aprobou a aplicaci\u00f3n da normativa de bonificaci\u00f3ns do ICIO a dous veci\u00f1os polas construcci\u00f3ns realizadas nas s\u00faas vivendas e a adhesion ao Plan \u00c1gora promovido pola Deputaci\u00f3n de Pontevedra para favorece-los espazos p\u00fablicos.<\/p>\n<p>Por outra banda, aprobouse tam\u00e9n o destino dos remanentes das obras realizadas a trav\u00e9s do Plan Concellos 2018-19 e das obras financiadas pola Xunta a trav\u00e9s do Plan Marco (Cami\u00f1o do Fondo), Saneamento de Rozas, Cami\u00f1o de Conla e posta en valor de petr\u00f3glifos (peche madeira Matabois, desbroce e sinalizaci\u00f3n) para que se destinen \u00e1 instalaci\u00f3n dun sistema de rega na Carballeira do Campo da Feira e un parque infantil en Alagoa.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Tam\u00e9n se aprobou o inicio do expendiente de contrataci\u00f3n do proxecto de renovaci\u00f3n, mellora da eficiencia enerx\u00e9tica e adaptaci\u00f3n ao regulamento de eficiencia enerx\u00e9tica do alumeado p\u00fablico do concello de Campo Lameiro que conta cunha subvenci\u00f3n do Instituto para a Diversificaci\u00f3n e Aforro da Enerx\u00eda (IDEA) por importe de 200.804,28 euros e un investimento total de 251.005,36 euros.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Ademais, deuse conta ao Pleno dos decretos de Alcald\u00eda derivados do Estado de Alarma motivado polo Covid 19 e o rexidor, Carlos Costa, procedeu tam\u00e9n a da-las grazas p\u00fablicamente a todo o pobo de Campo Lameiro polo seu comportamento exemplar durante o confinamento e pola s\u00faa colaboraci\u00f3n activa nas iniciativas desenvolvidas desde o Concello. Tam\u00e9n fixo lectura das doaz\u00f3ns recibidas en materia de hipoclorito, gas\u00f3leo, traballo voluntario, cesi\u00f3n de maquinaria, etc. realizada tanto por particulares, como por empresas, aut\u00f3nomos ou membros da Corporaci\u00f3n.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>No apartado de moci\u00f3ns, o Pleno aprobou, cos votos a favor do PPdeG e Porvir e a abstenci\u00f3n dos dous concelleiros do PSdeG-PSOE, unha moci\u00f3n presentada pola voceira desta \u00faltima formaci\u00f3n pol\u00edtica, Martina Vi\u00e9tez Ferro, en contra da proposta do Goberno de Espa\u00f1a de facerse cos remanentes de tesourer\u00eda dos concellos e pola \u201cvulneraci\u00f3n\u201d da autonom\u00eda das administraci\u00f3ns locais.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Unha moci\u00f3n similar, presentada polo PPdeG tam\u00e9n recibiu o mesmo respaldo dos ed\u00eds populares e de Porvir, mentras que os concelleiros socialistas se abstiveron aducindo que a\u00ednda que eran coincidentes con varios puntos que se inclu\u00edan nas debanditas moci\u00f3ns consideraban que a orixe do problema estaba na Lei de Estabilidade Orzamentaria do ano 2012 aprobada polo Goberno Rajoy e que lle imped\u00eda aos concellos facer uso deses remanentes.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Martina Vi\u00e9itez presentou tam\u00e9n unha moci\u00f3n en contra do que consideraba como comportamento abusivo de Abanca polo cobro de comisi\u00f3ns de mantemento nas contas que foi aprobada por unanimidade dos concelleiros presentes.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda, o PSdeG-PSOE presentou unha moci\u00f3n como consecuencia da pol\u00e9mica xurdida hai uns d\u00edas ante a posibilidade de que a Xunta de Galicia reducira en dous profesores o cadro docente do CEIP Pedro Antonio Cervi\u00f1o. Esta moci\u00f3n saiu adiante cos votos favorables dos dous ed\u00eds socialistas e a abstenci\u00f3n dos 5 concelleiros do PPdeG e os dous de Porvir ao considerar que a\u00ednda que eran contrarios \u00e1 reducci\u00f3n de profesores no centro, a moci\u00f3n presentada polo PSOE non estaba actualizada xa que hab\u00eda horas que lle confirmaran ao alcalde que a reduci\u00f3n de profesores limitar\u00edase a un so profesional do ensino e que o centro manter\u00eda un total de 10 ensinantes (2 en infantil, 2 en primaria, 1 profesor de educaci\u00f3n f\u00edsica, 1 profesor de ingl\u00e9s, 1 profesor de m\u00fasica, 1 PT e 1 AL, as\u00ed como 1 en setembro).<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Segundo o alcalde, Carlos Costa, onte mesmo a Xunta lle confirmaba que a petici\u00f3n da direcci\u00f3n do centro de non diminu\u00edr nada m\u00e1is que nun efectivo o cadro de persoal docente era aceptado e que polo tanto a merma que se prev\u00eda quedaba reducida a un mestre, cumprindo as\u00ed con 10 profesores o ratio previsto para o alumnado existente.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Precisamente este tema deu orixe a un pequeno intercambio de pareceres entre os tres grupos pol\u00edticos presentes na Corporaci\u00f3n sobre a necesidade de implementar medidas que fagan que os 140 nenos empadroados no concello menores de 10 anos se escolaricen no CEIP Pedro A. Cervi\u00f1o en lugar de escoller outros colexios f\u00f3ra do municipio o que vai en detrimento do mantemento do cadro de persoal do centro educativo en Campo Lameiro.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O voceiro do PSdeG-PSOE, Adri\u00e1n Vidal, insistiu na necesidade de vota-la moci\u00f3n nos termos nos que estaba redactada e nos que se dic\u00eda que ser\u00edan 7 en lugar de 10 os profesores adscritos a este centro o que motivou que o resultado fose 2 votos a favor (PSOE) e a abstenci\u00f3n do resto de concelleiros presentes que respaldaban a necesidade de apostar pola educaci\u00f3n e os medios materiais e humanos do centro educativo pero que non pod\u00edan respaldar unha moci\u00f3n inexacta.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Finalmente, no cap\u00edtulo de rogos e preguntas o alcalde, Carlos Costa, respostou unha amplia bater\u00eda de cuesti\u00f3ns realizadas pola voceira de Porvir, Martina Vi\u00e9itez sobre temas relacionados co funcionamento interno do Concello reclamando a creaci\u00f3n dun Reglamento de Organizaci\u00f3n Municipal (ROM), reclamou que se lle resposta \u00e1s preguntas formuladas por escrito, ter acceso \u00e1s actas das comisi\u00f3ns de goberno, etc.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Tam\u00e9n preguntou sobre si o Concello ti\u00f1a pensado seguir cos traballos de desinfecci\u00f3n polo Covid-19 ao que o alcalde, Carlos Costa, respostoulle que est\u00e1n pautadas nos plans de traballo e que, de feito, s\u00edguense facendo con regularidade ag\u00e1s cando chove que \u00e9 improcedente. Costa confirmou o compromiso do goberno de seguir coa desifecci\u00f3n en todos e cada un dos lugares e aldeas do municipio, inclu\u00eddos os parques infant\u00eds a\u00ednda que non est\u00e1n accesibles aos nenos e nenas polas recomendaci\u00f3ns das autoridades sanitarias.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A voceira de Porvir interesouse tam\u00e9n polo mal estado de varios viais municipais en Castro de Orto, Cimadevila ou A Chanci\u00f1a as\u00ed como polos cortes no subministro de auga. O alcalde respostoulle que as estradas municipais estanse arranxando \u00e1 medida das posibilidades e que \u00e9 imposible acometelas todas a un tempo e que se van resolvendo os problemas m\u00e1is graves.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>No tocante \u00e1 auga o alcalde sinalou que foi un problema puntual de uso inadecuado por parte de veci\u00f1os que regaban hortos, xard\u00edns ou encheron piscinas e non tanto de subministro ou capacidade dos dep\u00f3sitos posto que hab\u00eda auga suficiente, pero todos a un tempo esgotaron t\u00f3dolos recursos.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Os concelleiros da oposici\u00f3n solicitaron que houbera un maior control sobre os contadores e se estudiara a necesidade de amplia-los dep\u00f3sitos municipais existentes. O alcalde dixo que tomaba nota das suxesti\u00f3ns realizadas, pero que neste fallo puntual no subministro obedec\u00eda a un uso inadecuado da auga por parte dalg\u00fans veci\u00f1os.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A oposici\u00f3n interesouse tam\u00e9n pola retirada dos ni\u00f1os de velutina. O alcalde respostou que se eliminan por operarios municipais nas proximidades \u00e1s casas en menos de 24 horas e os outros son notificados \u00e1 Xunta para que proceda a retiralos.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Tam\u00e9n preguntaron pola marcha das obras do Centro de Estancia. O rexidor sinalou que as obras par\u00e1ranse polo Covid, pero que volver\u00e1n recupera-lo seu ritmo co fin de que podan estar rematadas canto antes e o servizo se poida prestar \u00e1 veci\u00f1anza o m\u00e1is axi\u00f1a posible.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Carlos Costa confirmou que non se celebrar\u00e1 a Xuntanza da Terceira Idade por precauci\u00f3n ante a situaci\u00f3n derivada do Covid-19 e confirmou que se buscar\u00e1 o concurso de m\u00e1is establecementos hosteleiros do municipio para novas iniciativas de promoci\u00f3n ou dinamizaci\u00f3n local dado o interese e a disposici\u00f3n mostrada polos propietarios destes establecementos a colaborar co Concello nas actividades que se leven a cabo.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Costa tam\u00e9n confirmou que se acometer\u00e1n procesos de sinalizaci\u00f3n en canto a tonelaxe e velocidade a aplicar a veh\u00edculos que circulen por diversos tramos municipais que se est\u00e1n arranxando ou susceptibles de regular o tr\u00e1fico por petici\u00f3n cidad\u00e1 e por seguridade viaria como a colocaci\u00f3n tam\u00e9n de lombos que dimin\u00faan a velocidade do tr\u00e1fico.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Finalmente, deuse lectura por parte da secretaria-interventora municipal, Mercedes Gonz\u00e1lez Budi\u00f1o, a sendos informes t\u00e9cnicos solicitados ante unha serie de inconvintes observados coa posta en marcha da nova depuradora referentes \u00e1 aparici\u00f3n dunha plaga de mosquitos e cheiros dimanantes desta instalaci\u00f3n.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Os t\u00e9cnicos informaron dos tr\u00e1mites legais seguidos para a s\u00faa posta en funcionamento as\u00ed como das medidas tomadas pola empresa instaladora para correxir os problemas detectados. As\u00ed, elimin\u00e1ronse a trav\u00e9s de tratamento a plaga de mosquitos e se adoptaron diferentes medidas sobre o leito bacteriano as\u00ed como para o selado de aliviadeiros existentes. O informe recomenda o baleirado de fangos, polo menos unha vez ao ano para evitar cheiros, e manter limpa a reixa de desbaste.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Pleno da Corporaci\u00f3n Municipal do Concello de Campo Lameiro aprobou a Conta Xeral do ano 2019 que arroxou un resultado positivo de m\u00e1is de 73.000 euros sobre un orzamento municipal que ronda o mill\u00f3n de euros. O alcalde, Carlos Costa valorou o feito de que as contas municipais, o promedio de pago a proveedores [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":8,"featured_media":4501,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[57,8],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4500"}],"collection":[{"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/8"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4500"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4500\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":4502,"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4500\/revisions\/4502"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4501"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4500"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4500"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4500"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}