{"id":2294,"date":"2019-08-30T13:51:41","date_gmt":"2019-08-30T11:51:41","guid":{"rendered":"https:\/\/campolameiro.org\/programa-emprega-discapacidade-e-exclusion\/"},"modified":"2019-08-30T13:51:41","modified_gmt":"2019-08-30T11:51:41","slug":"programa-emprega-discapacidade-e-exclusion","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/programa-emprega-discapacidade-e-exclusion\/","title":{"rendered":"PROGRAMA EMPREGA, DISCAPACIDADE E EXCLUSI\u00d3N"},"content":{"rendered":"<p><strong>OBXECTO<\/strong><\/p>\n<p>Esta orde ten por obxecto regular as axudas que favorezan a contrataci\u00f3n das persoas con discapacidade ou en situaci\u00f3n ou risco de exclusi\u00f3n social na empresa ordinaria e, especialmente, daquelas que te\u00f1en maiores dificultades de inserci\u00f3n laboral:<\/p>\n<p>A orde recolle un programa de incentivos pola contrataci\u00f3n, formaci\u00f3n e emprego con apoio (TR342A) con tres tipos de bonos compatibles regulados no cap\u00edtulo II:<\/p>\n<ol>\n<li><strong>Bono de contrataci\u00f3n<\/strong>, por medio do cal se proporcionar\u00e1 unha subvenci\u00f3n para a contrataci\u00f3n indefinida inicial, a temporal cunha duraci\u00f3n m\u00ednima inicial de 3 meses e a transformaci\u00f3n de contratos temporais en indefinidos a tempo completo ou a tempo parcial das persoas traballadoras con discapacidade ou en situaci\u00f3n ou risco de exclusi\u00f3n social.<\/li>\n<li><strong>Bono de formaci\u00f3n<\/strong>, dirixido \u00e1s persoas traballadoras cunha contrataci\u00f3n indefinida inicial ou temporal m\u00ednima de 6 meses, beneficiarias do bono de contrataci\u00f3n, para levar a cabo acci\u00f3ns formativas que melloren os seus co\u00f1ecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.<\/li>\n<li><strong>Bono de emprego con apoio<\/strong>, que consiste nun conxunto de actividades de orientaci\u00f3n e acompa\u00f1amento individualizado que prestan, no propio posto de traballo, persoas preparadoras laborais especializadas \u00e1s persoas traballadoras con discapacidade ou en situaci\u00f3n ou risco de exclusi\u00f3n social, con especiais dificultades de inserci\u00f3n laboral e que realizan a s\u00faa actividade en empresas do mercado ordinario de traballo, en condici\u00f3ns similares ao resto dos traballadores e traballadoras que desempe\u00f1an postos de iguais caracter\u00edsticas.<\/li>\n<\/ol>\n<p><strong>BENEFICIARIOS<\/strong><\/p>\n<p>Poder\u00e1n ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde <strong>as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xur\u00eddica que adopten, inclu\u00eddas as persoas aut\u00f3nomas, as sociedades civ\u00eds e as comunidades de bens, a\u00ednda que carezan de personalidade xur\u00eddica, que contraten persoas desempregadas por conta allea<\/strong> para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia, de acordo cos requisitos e condici\u00f3ns que se establecen nesta orde.<\/p>\n<p><strong>PRAZO PARA A PRESENTACI\u00d3N DAS SOLICITUDES<\/strong><\/p>\n<p>O prazo de presentaci\u00f3n de solicitudes dos bonos de contrataci\u00f3n e formaci\u00f3n ser\u00e1 dun mes contado a partir do d\u00eda seguinte ao da publicaci\u00f3n desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como \u00faltimo d\u00eda do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do d\u00eda da publicaci\u00f3n. Se o \u00faltimo d\u00eda de prazo \u00e9 inh\u00e1bil, entenderase prorrogado ao primeiro d\u00eda h\u00e1bil seguinte, e se no mes de vencemento non hai d\u00eda equivalente ao inicial do c\u00f3mputo, entenderase que o prazo remata o derradeiro do mes.<\/p>\n<p>O prazo de presentaci\u00f3n de solicitudes\u00a0 remata o <strong>30 de setembro de 2019<\/strong>.<\/p>\n<p>A continuaci\u00f3n descr\u00edbense brevemente as caracter\u00edsticas principais desta li\u00f1a de axudas, a\u00ednda que a informaci\u00f3n que se considerar\u00e1 oficial para todos os efectos ser\u00e1 a publicada na <strong><em>Orde do 14 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Discapacidade e Exclusi\u00f3n, de incentivos \u00e1 contrataci\u00f3n, formaci\u00f3n e emprego con apoio, e se procede \u00e1 s\u00faa convocatoria para o ano 2019<\/em> (DOG n\u00ba 163 do 29 de agosto de 2019).\u00a0<\/strong><a href=\"https:\/\/www.xunta.gal\/dog\/Publicados\/2019\/20190829\/AnuncioG0424-140819-0003_gl.html\">https:\/\/www.xunta.gal\/dog\/Publicados\/2019\/20190829\/AnuncioG0424-140819-0003_gl.html<\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/campolameiro.org\/wp-content\/uploads\/2019\/08\/PROGRAMA-EMPREGA-DISCAPACIDADE-E-EXCLUSION.pdf\">PROGRAMA EMPREGA DISCAPACIDADE E EXCLUSION<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>OBXECTO Esta orde ten por obxecto regular as axudas que favorezan a contrataci\u00f3n das persoas con discapacidade ou en situaci\u00f3n ou risco de exclusi\u00f3n social na empresa ordinaria e, especialmente, daquelas que te\u00f1en maiores dificultades de inserci\u00f3n laboral: A orde recolle un programa de incentivos pola contrataci\u00f3n, formaci\u00f3n e emprego con apoio (TR342A) con tres [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[4,15],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2294"}],"collection":[{"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/5"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2294"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2294\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2294"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2294"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2294"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}