{"id":2111,"date":"2019-07-11T09:31:33","date_gmt":"2019-07-11T07:31:33","guid":{"rendered":"https:\/\/campolameiro.org\/subvencions-de-ecoinnovacion-comercial\/"},"modified":"2019-07-11T09:59:17","modified_gmt":"2019-07-11T07:59:17","slug":"subvencions-de-ecoinnovacion-comercial","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/subvencions-de-ecoinnovacion-comercial\/","title":{"rendered":"SUBVENCI\u00d3NS DE ECOINNOVACI\u00d3N COMERCIAL"},"content":{"rendered":"<p><strong>OBXECTO<\/strong><\/p>\n<p>As subvenci\u00f3ns reguladas por estas bases te\u00f1en por obxecto a execuci\u00f3n de proxectos ecoinnovadores no desenvolvemento da actividade comercial.<\/p>\n<p><strong>ACTUACI\u00d3NS SUBVENCIONABLES<\/strong><\/p>\n<p>Consid\u00e9ranse subvencionables os proxectos ecoinnovadores que conte\u00f1an algunha das seguintes actuaci\u00f3ns:<\/p>\n<p>1.1. E-Ticket.<\/p>\n<p>Poder\u00e1n ser beneficiarios desta actuaci\u00f3n os comerciantes retallistas e os obradoiros artesanais previstos no artigo 3.<\/p>\n<p>O establecemento poder\u00e1 adherirse \u00e1 plataforma de ticket dixital desenvolvida pola Conseller\u00eda de Econom\u00eda, Emprego e Industria en colaboraci\u00f3n coa Federaci\u00f3n Galega de Comercio. A antedita plataforma permite aos clientes e aos comercios co\u00f1ecer o estado e a garant\u00eda das s\u00faas compras\/vendas, evitando os inconvenientes do ticket tradicional ante a s\u00faa perda ou deterioraci\u00f3n, ademais de minimizar o uso do papel e contaminantes vinculados \u00e1 impresi\u00f3n. A axuda consistir\u00e1 na adhesi\u00f3n \u00e1 antedita plataforma.<\/p>\n<p>1.2. Ecoenvases: soluci\u00f3ns sustentables de empaquetado de produto e para o seu env\u00edo, de ser o caso, coa utilizaci\u00f3n de materiais cen por cen biodegradables.<\/p>\n<p>Poder\u00e1n ser beneficiarios desta actuaci\u00f3n os comerciantes retallistas, os obradoiros artesanais e as asociaci\u00f3ns de vendedores das prazas de abastos e Centros comerciais abertos previstos no artigo 3.<\/p>\n<p>Poder\u00e1n acollerse nesta ep\u00edgrafe soluci\u00f3ns sustentables de envasado, empaquetado exterior, tanto para o seu env\u00edo como para a presentaci\u00f3n do produto, protecci\u00f3n ou para o seu consumo.<\/p>\n<p>En todo caso as bolsas, no caso de seren de pl\u00e1stico, deber\u00e1n ser compostables, que cumpran os requisitos da norma europea vixente EN 13432:2000 \u00abEnvases e embalaxes. Requisitos dos envases e embalaxes valorizables mediante compostaxe e biodegradaci\u00f3n. Programa de ensaio e criterios de avaliaci\u00f3n para a aceptaci\u00f3n final do envase ou embalaxe\u00bb e nas s\u00faas sucesivas actualizaci\u00f3ns, as\u00ed como as bolsas de pl\u00e1stico que cumpran os est\u00e1ndares europeos ou nacionais de biodegradaci\u00f3n a trav\u00e9s de compostaxe dom\u00e9stica.<\/p>\n<p>O investimento m\u00e1ximo subvencionable para esta ep\u00edgrafe ser\u00e1 de 4.000 \u20ac, IVE exclu\u00eddo, e a porcentaxe da subvenci\u00f3n ser\u00e1 do 70 %.<\/p>\n<p>No caso de obradoiros artesanais ou establecementos de tendas de artesan\u00eda autorizadas, deber\u00e1n cumprir coas obrigas establecidas na Orde do 26 de outubro de 2018 pola que se regula a concesi\u00f3n, uso e control da marca de Artesan\u00eda de Galicia, propiedade da Xunta de Galicia, concretamente as establecidas no artigo 6, condici\u00f3ns do uso da marca.<\/p>\n<p>Na documentaci\u00f3n desta actuaci\u00f3n, prevista no artigo 5.1.3.a) e artigo 19.1.a) (de ser o caso, orzamentos, facturas pro forma, facturas e demais documentos de valor probatorio equivalente no tr\u00e1fico xur\u00eddico mercantil e con eficacia administrativa), deber\u00e1 figurar a composici\u00f3n da soluci\u00f3n para a cal se solicita a axuda, onde quede debidamente acreditado o seu car\u00e1cter biodegradable.<\/p>\n<p>1.3. Econom\u00eda circular.<\/p>\n<p>Poder\u00e1n ser beneficiarios desta actuaci\u00f3n os comerciantes retallistas e os obradoiros artesanais previstos no artigo 3.<\/p>\n<p>Consid\u00e9rase subvencionable a implantaci\u00f3n ou posta en marcha de proxectos ecoinnovadores, que poder\u00e1n referirse \u00e1s seguintes \u00e1reas:<\/p>\n<ul>\n<li>Implantaci\u00f3ns de negocios ou li\u00f1as de negocios comerciais baseados en procesos de econom\u00eda circular, inclu\u00eddos proxectos de modelos de negocio onde polo menos o 70 % da oferta de produto non sexa de primeira manufactura.<\/li>\n<li>Proxectos de negocios que introduzan polo menos o 70 % da oferta de produtos con etiquetaxe ecol\u00f3xica.<\/li>\n<li>Proxectos de recollida de residuos t\u00e9xtiles ou alimentarios para a s\u00faa reciclaxe.<\/li>\n<\/ul>\n<p>A subvenci\u00f3n consistir\u00e1 nunha axuda por beneficiario de 1.500 \u20ac para o pulo de proxectos ecoinnovadores que incl\u00faan actuaci\u00f3ns descritas nesta ep\u00edgrafe.<\/p>\n<ol start=\"2\">\n<li>Non se consideran gastos subvencionables:<\/li>\n<\/ol>\n<p>Segundo o artigo 29.8 da Lei 9\/2007, do 13 de xu\u00f1o, de subvenci\u00f3ns de Galicia, en ning\u00fan caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperaci\u00f3n ou compensaci\u00f3n nin os impostos persoais sobre a renda. Tampouco ser\u00e1n subvencionables o material promocional ou actuaci\u00f3ns de publicidade sobre as actuaci\u00f3ns subvencionadas.<\/p>\n<p>En ning\u00fan caso o custo da adquisici\u00f3n dos gastos subvencionables poder\u00e1 ser superior ao valor de mercado.<\/p>\n<p><strong>BENEFICIARIOS<\/strong><\/p>\n<p>Poder\u00e1n ser beneficiarias das subvenci\u00f3ns, <strong>as persoas f\u00edsicas ou xur\u00eddicas<\/strong>, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade econ\u00f3mica ou patrimonio separado sen personalidade xur\u00eddica, legalmente constitu\u00eddas que, en todo caso, cumpran ademais os seguintes requisitos:<\/p>\n<p><strong>Comerciantes retallistas que cumpran os seguintes requisitos<\/strong>:<\/p>\n<p>a) Que desenvolvan a s\u00faa actividade comercial en Galicia, que o seu domicilio social radique na Comunidade Aut\u00f3noma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade. No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en li\u00f1a, deber\u00e1n ter o domicilio social na Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia.<\/p>\n<p>b) Que, tendo a condici\u00f3n de peme conforme os requisitos establecidos pola Comisi\u00f3n Europea na s\u00faa Recomendaci\u00f3n 2003\/361\/CE, do 6 de maio de 2003 (DOUE 124, do 20 de maio, p. 36), empreguen menos de cincuenta (50) traballadores e non te\u00f1an a consideraci\u00f3n de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable.<\/p>\n<p>c) Que estean dados de alta nalgunha das ep\u00edgrafes do IAE que se relacionan nos anexos II e III e que esta constit\u00faa a actividade principal do solicitante. No caso de que a actividade principal sexa unha actividade das ep\u00edgrafes relacionadas no anexo III, deber\u00e1n estar dados de alta nalgunha actividade comercial relacionada no anexo II.<\/p>\n<p>d) Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposici\u00f3n e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados, ag\u00e1s que a actividade comercial se encadre na ep\u00edgrafe 653.1 do IAE.<\/p>\n<p><strong>Obradoiros artes\u00e1ns que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesan\u00eda de Galicia.<\/strong><\/p>\n<p>En caso de novos obradoiros, ter\u00e1n ata o \u00faltimo d\u00eda de prazo para a presentaci\u00f3n de solicitudes para solicitar a inscrici\u00f3n no dito rexistro.<\/p>\n<p><strong>As asociaci\u00f3ns de vendedores das prazas de abastos<\/strong><strong>, <\/strong>sen \u00e1nimo de lucro, que estean legalmente constitu\u00eddas, e cuxo \u00e1mbito de actuaci\u00f3n se desenvolva na Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia.<\/p>\n<p><strong>As asociaci\u00f3ns de comerciantes de car\u00e1cter territorial, sen \u00e1nimo de lucro<\/strong>, que estean legalmente constitu\u00eddas e cuxo \u00e1mbito de actuaci\u00f3n se desenvolva na Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia, que leven a cabo proxectos de interese e transcendencia en centros comerciais abertos.<\/p>\n<p><strong>NORMATIVA<\/strong><\/p>\n<p>Orde do 27 de xu\u00f1o de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesi\u00f3n, en r\u00e9xime de concorrencia competitiva, de subvenci\u00f3ns para actuaci\u00f3ns en materia de ecoinnovaci\u00f3n comercial e se procede \u00e1 s\u00faa convocatoria para o ano 2019 (DOG n\u00ba 129 do 9 de xullo de 2019).<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.xunta.gal\/dog\/Publicados\/2019\/20190709\/AnuncioG0424-280619-0001_gl.html\">https:\/\/www.xunta.gal\/dog\/Publicados\/2019\/20190709\/AnuncioG0424-280619-0001_gl.html<\/a><\/p>\n<p><strong>PRAZO<\/strong><\/p>\n<p>O prazo para a presentaci\u00f3n de solicitudes ser\u00e1 dun mes contado a partir do d\u00eda seguinte ao da publicaci\u00f3n desta orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase como \u00faltimo d\u00eda do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do d\u00eda da publicaci\u00f3n. Se o \u00faltimo d\u00eda de prazo for inh\u00e1bil, entenderase prorrogado ao primeiro d\u00eda h\u00e1bil seguinte e, se no mes de vencemento non houber d\u00eda equivalente ao inicial do c\u00f3mputo, entenderase que o prazo remata o derradeiro do mes.<\/p>\n<p>Dende o 10\/07\/2019 ao 09\/08\/2019<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/campolameiro.org\/wp-content\/uploads\/2019\/07\/Subvenci\u00f3ns-de-ECOINNOVACI\u00d3N-comercial.pdf\">Subvenci\u00f3ns de ECOINNOVACI\u00d3N comercial<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>OBXECTO As subvenci\u00f3ns reguladas por estas bases te\u00f1en por obxecto a execuci\u00f3n de proxectos ecoinnovadores no desenvolvemento da actividade comercial. ACTUACI\u00d3NS SUBVENCIONABLES Consid\u00e9ranse subvencionables os proxectos ecoinnovadores que conte\u00f1an algunha das seguintes actuaci\u00f3ns: 1.1. E-Ticket. Poder\u00e1n ser beneficiarios desta actuaci\u00f3n os comerciantes retallistas e os obradoiros artesanais previstos no artigo 3. O establecemento poder\u00e1 adherirse [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[4,31,15],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2111"}],"collection":[{"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/5"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2111"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2111\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2114,"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2111\/revisions\/2114"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2111"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2111"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/campolameiro.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2111"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}