Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

UNHAS 2.000 PERSOAS PARTICIPARÁN MAÑÁ DISFRAZADAS NO DESFILE DE ENTROIDO DE CAMPO LAMEIRO

Unhas 2.000 persoas participarán mañá disfrazadas no desfile de entroido organizado polo Concello de Campo Lameiro, que sairá ás 17 horas, no que haberá premios en metálico para os mellores nas categorías individual e grupos, tanto en infantil como adultos. O Concello mantén como eslogan desta celebración “Nin Tenerife nin Río de Janeiro… o mellor entroido está en Campo Lameiro”.
A organización ten confirmada a presenza dunha ducia de comparsas entre as que están Os Solfamidas (Campo Lameiro), Os Paparrulos (Marín), Os da Caña (Marín), As Sonecas (Campelo), Os Canecos (Poio), Las Flores del Carnaval (Monte Porreiro), Os 100tolos (Campelo), Os Miúdos (Arcade), Luces (Tomiño) e Talismán (Salceda de Caselas).
Tamén haberá participación de Aguasantas (Cerdedo-Cotobade), Ponteareas, Meis, Bora, Vilagarcía de Arousa, Moraña, Mourente e Cambados.
Os premios previsto pola organización, en categoría infantil individual serán de 40, 30, 20, 15 e 10 euros e para grupos, 100, 70, 50, 40 e 30 euros, ademais de tres premios especiais de animación de 100 euros cada un.
Na categoria de adultos individual os premios serán de 100, 70, 50 e 35 euros mentras que para grupos serán de 320, 190, 140 e 110 euros, ademais dun premio especial do xurado de 200 euros.
Os participantes deberán estar no punto de saída ás 16:30 horas e respectar en todo momento a orde e as instrucións que desde o persoal de organización se lles transmita co fin de que todo resulte da mellor maneira posible.
Back to top
Slot Gacor situs slot
Slot Gacor Slot Gacor