Servizo Gratuíto de Asesoramento a emprendedores en Economía Social: cooperativas e Sociedades Agrarias de Transformación (SATs)
¡ Infórmate !
A Unión de Cooperativas Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias – AGACA-, coa colaboración do Fondo Social Europeo (FSE) e Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES), pon en marcha un Servizo Gratuito de asesoramento a emprendedores en Economía Social: cooperativas e Sociedades Agrarias de Transformación (SATs). Ao longo dos vindeiros meses, AGACA establece unha folla de ruta que definirá a grandes trazos o itinerario de atención personalizada (titorización) a mozos e mozas emprendedores que busquen a máxima eficiencia e complementariedade no uso dos recursos dispoñibles e garante a atención axeitada en cada etapa do proxecto mediante o itinerario do emprendedor.
Este proxecto, financiado polo FSE, pretende facilitar o desenvolvemento sostible da actividade agrogandeira e rural e as boas prácticas agrarias e medioambientais, nun marco de respecto á igualdade de oportunidades. Trátase dunha atención personalizada gratuita que desenvolverán os técnicos de AGACA para os emprendedores que promovan cooperativas ou SATs, en todas as etapas do proxecto. En definitiva, se Vostede coñece mozas e/ou mozos que desexen participar, promover e constituir unha cooperativa de mínimo dous socios ou unha SAT de mínimo de tres, e necesiten asesoramento e titorización gratuita ñas tarefas de asesoramento á constitución da entidade, póñaos en contacto connosco nos teléfonos: 981.58.49.11 e 982.20.15.14
Con este proxecto pretendemos a dinamización de persoas potencialmente emprendedoras para crear grupos de promotores que poidan poñer en marcha empresas cooperativas e/ou SATs, a titorización e asesoramento para a conformación da sociedade cooperativa e/ou SAT e para os primeiros pasos da empresa e durante os primeiros anos de actividade, e, finalmente, o servizo de acompañamento e asesoramento dirixido a tipos concretos de usuarios.