Mapas
– Roteiro Río Maneses – Roteiro do Centro de Interpretación.(673 Kb)
Campo lameiro é unha excelente alternativa para todos aqueles que buscan algo máis que sol e praia no disfrute do seu tempo libre.
Ruta do rio Maneses.
Descrición:
O percorrido, de aproximadamente 2,8 Km., comeza na área de descanso do río e discorre e todo momento pola súa beira, para rematar o comezo da ruta do Centro de Interpretación (posibilidade de unir as dúas rutas).
Atoparase con numerosas zona encharcadas e lugares de paso polo río.
A dificultade da ruta é media-baixa, estando claramente sinalizadas con paneis indicadores e marcas de cor azul-branco (pintadas en pedras, muros e no chan).
O percorrido é de carácter lineal. Polo que haberá que ter en conta a viaxe de volta.
Recoméndase realizar este itinerario soamente en primaveira-verán e levar roupa axeitada para a auga. Aconséllase facelo andando.
Interés da vía: Paisaxístico.
Información relevante:
Campo Lameiro é unha excelente alternativa para todos aqueles que buscan algo máis que sol e praia no disfrute do seu tempo libre…
Este concello pontevedrés alberga multitude de rincóns para perderse e viaxar ó pasado contemplando os grabados rupestres e os castros; así como un amplio abanico de actividades e opcións para disfrutar duns días apacibles, cheos de bos momentos que os farán inolvidables.
Aparte da Impresionante colección de Grabados Rupestres, á que lle reservamos un apartado especial, Campo Lameiro conta con multitude de igrexas e hermidas no seu rico patrimonio histórico.
Como mostra románica destacamos as igrexas de San Miguel del Campo e Santa Mariña de Fragas.
Perfil: