PUBLICADAS AS BASES PARA A CONTRATACIÓN LABORAL DE DOUS SOCORRISTAS ACUÁTICOS PARA A PISCINA MUNICIPAL DE CAMPO LAMEIRO 2022
O Concello de Campo Lameiro acaba de facer públicas as bases que rexirán a convocatoria e a contratación laboral temporal de dous socorristas acuáticos para a Piscina Municipal, para o período de verán. A prestación incluirá os servicios propios de socorrista acuático e monitor, e posta a punto das instalacións.
A modalidade contractual será de contrato temporal para a mellora da ocupabilidade e da inserción laboral, a xornada completa.
Para esta contratación o Concello de Campo Lameiro ten solicitada unha axuda o abeiro da Orde do 7 de xaneiro de 2022, pola que se esbablecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais para o ano 2022.
A duración do contrato prevese en dous meses e medio a comenzar o 1 de xullo e a retribución será a que establezca ao IV Convenio Colectivo de Instalacións Deportivas e de Ximnasios da Comunidade Autónoma de Galicia publicado no DOGA nº 134 de 7 de xullo de 2020, e en concreto fíxase en 1.268,12€ brutos mensuais con todos os conceptos e pagas extra prorrateadas incluídas.
BASES DO PROCESO DE CONTRATACIÓN:
20220615_Outros_BASES SOCORRISTAS 2022 (1)
LISTADO DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS:
20220628_Resolucion_lista d e admitidos e excluídos
ACTA DO TRIBUNAL: