Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO RECIBE UNHA AXUDA DE AUGAS DE GALICIA PARA REALIZAR UNHA AUDITORÍA DO ABASTECEMENTO MUNICIPAL PARA MINIMIZAR AS PERDAS DE AUGA

O Concello de Campo Lameiro foi beneficiario da subvención publicada en data 26 de xaneiro do 2024 no DOG mediante RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas á realización de auditorías municipais de abastecemento encamiñadas á elaboración de plans de actuacións para minimizar as perdas de auga, e se convocan para o ano 2024, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento AU301C).

No prazo legal establecido o Concello de Campo Lameiro presenta a documentación necesaria para a obtención da subvención a cal é concedida favorablemente para o fin obxecto d mesma.

 Augas de Galicia concédelle a este concello a subvención por importe 5.706,24 € mediante resolución de data 11de abril de 2024, para a realización da auditoría de abastecemento e o plan de actuación para minimizar as perdas de auga do Concello de Campo Lameiro.

Trala realización da auditoría este Concello declara un valor das perdas no sistema de Abastecemento municipal dun 45,00%.

 

Back to top