O CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO SÚMASE Á CONMEMORACIÓN DO DÍA MUNDIAL SEN ALCOL
WEB CONCELLOS:
Hoxe, 15 de Novembro, o Concello de Campo Lameiro súmase á conmemorar o Día Mundial sen alcol. Esta data foi instaurada por varias organización españolas de promoción da saúde co obxectivo de concienciar á poboación sobre os graves efectos que conleva o consumo de alcol, tanto a nivel físico como psicolóxico. Convidando a toda a poboación a considerar os riscos asociados ao alcol e a fomentar un enfoque máis responsable do seu consumo, especialmente entre a xuventude. Como medida de apoio das campañas de sensibilización polo Día Mundial sen alcol 2024, o Concello de Campo Lameiro a través do Proxecto de prevención das condutas adictivas no eido local de Cuntis, Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas, promove a campaña ALCOL, CANTO É MOITO?, a través da cal, se pretende favorecer a reflexión da poboación de Campo Lameiro sobre os niveis de consumo de alcol, e sobre as serias repercusións que dito consumo ten na saúde física, mental e social das persoas.
Por iso, animamos á poboación a realizar o seguinte CUESTIONARIO para valorar o tipo de consumo de alcol que realizan, e os riscos asociados ao mesmo (clica no seguinte texto).
LÍMITE MÁXIMO DE CONSUMO DIARIO | |
MULLERES | 2 ube |
HOMES | 3 UBE |
condución, embarazo, menores 18 anos | 0 UBE |
1 ube= 10 g de alcol (uNIDADE DE BEBIDA ESTANDAR)
Cervexa= 1UBE/ VIÑO= 1UBE/COMBINADOS=2UBE/CHUPITOS=2UBE |