Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO PROGRAMA A VISITA DUNHA UNIDADE MÓBIL DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS PARA OS DÍAS 2 E 5 DE OUTUBRO NA RÚA NOVA

Tractores e vehículos agrícolas de Campo Lameiro e municipios limítrofes poderán ser examinados na Unidade Móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas instalada durante toda a mañá do venres 2 de outubro e o luns 5 de outubro na Rúa Nova (entre Rúa Codeseda e Chanciña).

Para poder pasa-los controis técnicos que realizará a empresa concesionaria de Inspección Técnica de Vehículos, Supervisión e Control, deberán solicitar cita previa chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través de internet na web www.sycitv.com.

Os procesos de inspección centráronse, fundamentalmente, en comprobar o estado dos freos e da dirección, así como outros puntos vitais na seguridade destas máquinas de uso agropecuario.

A revisión realizada por esta ITV móbil ten a mesma validez que calquera outra permanente existente en Galicia e o feito de que se instale en Campo Lameiro permitirá aos propietarios de vehículos agrícolas do municipio e doutros lindeiros poidan pasar a correspondente revisión con total comodidade ao non ter que desprazarse ás existentes en Ponte Bora ou Curro, entre outras.

A revisión periódica destes vehículos agrícolas é obrigatoria e, ao mesmo tempo, é unha medida preventiva que mellora a seguridade dos usuarios destas máquinas que, por desgraza, son obxecto de continuos accidentes no mundo rural. Asi, poderán facer uso deste servizo os tractores agrícolas, maquinaria autopropulsada, remolques agrícolas e outros vehículos agrícolas especiais, excepto motocultores e máquinas equiparadas.

A frecuencia obrigatoria para pasar a ITV está establecida do seguinte xeito: ata 8 anos, exento; de 8 a 16 anos, deben facela bianualmente e de máis de 16 anos cada anualidade.

Segundo manifestou o alcalde, Carlos Costa, coa instalación da Unidade Móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas en Campo Lameiro, o Concello pretende favorecer a proximidade e o mellor acceso de todos os veciños aos servizos comunitarios á vez que se evitan desprazamentos incómodos que resultan, á vez, custosos para os usuarios.

Estas unidades móbiles percorren as principais comarcas da provincia de Pontevedra sendo moi demandadas en zonas, como O Deza e O Salnés debido á presenza de gran cantidade de maquinaria agrícola susceptible de ser supervisada periodicamente por inspectores da ITV.

AVISO DE INSPECIÓN TÉCNICA DE VEHÍCULOS

Back to top
Slot Gacor situs slot
Slot Gacor Slot Gacor