Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO ABRE O PRAZO ATA O 16 DE XUÑO PARA ANOTARSE NO «PROGRAMA CONCILIA+» PARA NENOS E NENAS DE 3 A 12 ANOS

O Concello de Campo Lameiro co obxecto de favorecer a conciliación familiar nos meses de verán e co cofinanciamento da Deputación de Pontevedra na liña de axudas para o fomento da igualdade e prevención da violencia de xénero, abre o prazo de inscrición para unha nova edición do Programa Concilia que permitirá a atención de menores dende os 3 anos de idade – sempre que xa asistiran ao colexio- ata os 12 anos, con actividades de lecer e con persoal especializado que, este ano, será a través da empresa AINDAMAIS Animación.

Para poder garantir praza ás familias que precisen conciliar por motivos laborais, o prazo de presentación de solicitudes será ata o 16 de xuño ás 14:00 horas. As inscricións poden facerse presencialmente no Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas ou a través da sede electrónica.

HORARIO:   Durante os meses completos de Xullo e Agosto.

De luns a venres de 9 a 14 horas.

PRAZAS: 30 prazas no mes de xullo e de 20 prazas no de agosto.

INSCRICIÓN: A inscrición será por quincenas

DOCUMENTACIÓN necesaria para a solicitude de praza:

  • Fotografía da/o menor
  • DNI da/o menor. Se non o ten, libro de familia ou certificado de nacemento.
  • Tarxeta sanitaria

 

CUSTO DO PROGRAMA

  • Menores empadroados/as no Concello: 12,50 €/ quincena.
  • No caso de asistencia de 2 irmáns: 22,50 €/ quincena
  • Menores non empadroados/as: 20 €/ quincena

FORMA DE PAGAMENTO:

Logo de rematar o prazo de inscrición, o Concello publicará a lista de admitidos/as.

As familias das/os menores admitidos, deberán formalizar a matrícula co pago correspondente mediante ingreso bancario antes do 24 de xuño na conta do Concello:

ABANCA – Nº DE CONTA: ES35 – 2080 – 0510 – 25 – 3110000102

Unha vez remate o prazo de matrícula, o concello convocará a unha reunión informativa da empresa que realizará a actividade coas familias.

IMPORTANTE: Deberá haber un mínimo de 15 participantes en cada quincena para poder levar a cabo a actividade.

Debido ao límite do número de prazas, aplicarase a seguinte ORDE DE PRIORIDADE para a admisión de participantes:

  • Nenas/os empadroadas/os no concello e con matrícula no CEIP Pedro Antonio Cerviño
  • Nenas/os empadroados/as no Concello
  • Alumnado do CEIP Pedro Antonio Cerviño
  • Se o número de prazas demandadas supera ao das ofertadas, terán prioridade as nenas e nenos de menor idade con respecto aos de maior idade.

Unha vez, aplicados todos estes criterios polo orde establecido, se quedaran prazas dispoñibles, terán prioridade:

  • As familias monoparentais que traballen no concello.
  • Resto de familias que, ao menos, un dos proxenitores traballen no concello.
  • Por último, a data de solicitude.

IMPRESO DE SOLICITUDE:

Solicitude Inscrición Concilia+ 2025

 

Back to top
Slot Gacor Slot Gacor bukti pola mahjong wins menang kapan waktu terbaik menang di mahjong wins scatter hitam
Slot