Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O ALCALDE CARLOS COSTA RECIBE A VISITA INSTITUCIONAL DA DELEGADA TERRITORIAL DA XUNTA EN PONTEVEDRA, LUISA PIÑEIRO

A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, continúa coa rolda de visitas institucionais, e hoxe mantivo un encontro co alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costas, con quen analizou as principais demandas do municipio en relación a administración autonómica.

Entre os principais temas que se analizaron durante o encontro, atópase a necesidade de mellorar o saneamento da parroquia de Fragas, e en concreto, do lugar de Reboredo, así como a estrada de Serrapio e a posta en marcha dunha senda peonil que remate a que existe actualmente entre Campo Lameiro e o parque arqueolóxico desta localidade.

Por outra banda, o rexedor insistiu na necesidade da colaboración da Xunta de Galicia en relación ao adecentamento dos petroglifos que se atopan no Campo de Matabois e no Chan da Lagoa, e que están catalogados como zona BIC.

Cuestións coma a posta en marcha de obras de mellora de estradas rurais ou de humanización de certos entornos pecharon o encontro entre ambos responsables políticos, agradecendo o rexedor a visita de Luisa Piñeiro ao concello.

Back to top
Slot Gacor situs slot
Slot Gacor Slot Gacor bukti pola mahjong wins menang kapan waktu terbaik menang di mahjong wins scatter hitam