NON TE ESQUEZAS DE QUE ESTÁ ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR UNHA PRAZA NO PROGRAMA DE TERMALISMO DO IMSERSO
O IMSERSO convoca o Programa de Termalismo, consiste en aloxamento e manutención completa en habitacións dobres de uso compartido, durante 12 días (11 noites) ou de 10 días (9 noites) cada un . Inclúe: Tratamentos termais básicos, Actividades de ocio e tempo libre ofertados gratuitamente polo balneario é Póliza colectiva de seguro turístico .
PODEN PARTICIPAR:
-Pensionistas da Seguridade Social de incapacidade ou xubilación.
-Pensionistas de viudedade a partir dos 55 anos.
-Pensionistas por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, a partir dos 60 anos.
-Asegurados ou beneficiarios da Seguridade Social, a partir dos 65 anos.
-Cónxuxes das persoas anteriores ou fillos con discapacidade, en grao igual ou superior ao 45%.
DOCUMENTACIÓN:
Para encher a solicitude deberán achegar, DNI e a Acreditación da pensión e Copia do libro de familia numerosa, no seu caso.
PRAZOS:
1.º Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ata o día 10 de xaneiro de 2024.
2.º Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ata o día 15 de maio de 2024.
INFORMACIÓN E SOLICITUDES:
Nos servizos sociais do Concello os luns, mércores e venres.