Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

MERCEDES VALIÑO, BAR KALLEJAS E ELADIA FONTENLA, GAÑADORES ABSOLUTOS DOS CONCURSOS DE NADAL ORGANIZADOS POLO CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO

Mercedes Valiño, en “Un Nadal para Soñar”; Bar Kallejas en decoración de escaparates; e Eladia Fontenla, en “Recuncho de Nadal” foron os gañadores absolutos dos respectivos concursos organizados polo Concello de Campo Lameiro para axudar tamén na dinamización do comercio local e a participación cidadá neste Nadal tan atípico e especial. Os cheques regalo dos premios deberán ser canxeados antes do 14 de xaneiro de 2022 en establecementos do municipio.

No concurso “Un Nadal para Soñar”, orientado cara decoración exterior de casas que se pudera observar desde a rúa, o xurado conformado por persoas do mundo da cultura e á vida municipal, ademais do primeiro premio otorgado a Mercedes Valiño, que se levará 100 euros en cheques regalo canxeables nos establecemetos comerciais de Campo Lameiro, tamén galardoou a Andrés Romero, co segundo premio de bonos por valor de 75 euros e Ramón Gómez, con 50 €.

No concurso de “Recuncho de Nadal”, adicado a valorar os adornos dos fogares dos veciños e veciñas de Campo Lameiro, o xurado otorgou o primeiro posto a Eladia Fontenla, quen recibirá un vale de 100 euros, mentras que a segunda clasificada foi Belén Búa, premiada cun bono de 75 euros e no terceiro posto quedou Martina Ricoy, que se levará 50 €.

Finalmente, na categoría de decoración de establecementos comerciais de Campo Lameiro o gañador foi por segundo ano consecutivo o Bar Kallejas que se levará un cheque regalo canxeable antes do 14 de xaneiro de 2022 por importe de 100 euros e en segundo lugar quedou a Farmacia de Blanca Quintela, que recibirá outro cheque regalo por importe de 75 euros.

O Concello de Campo Lameiro agradeceu o difícil labor do xurado e a gran participación da veciñanza nesta segunda edición dos concursos.

PROVIDENCIA DA ALCALDÍA:

20211230_Resolucion_Decreto _RESOLUCION ALCALDIA (1)

Back to top