ESPAZOS COWORKING DA XUNTA E A EOI
Os 10 espazos coworking da Xunta e a EOI abren o prazo de inscrición para que máis de 200 emprendedores galegos accedan a formación e asesoramento
Convocatoria aberta a emprendedores cun proxecto empresarial en fase temperá de desenvolvemento ou cunha empresa creada recentemente (non máis de 6 meses antes da súa incorporación ao espazo coworking).
Estímanse en 22 os emprendedores que poderán participar nesta convocatoria. A convocatoria permanecerá aberta ata cubrir as prazas do Espazo Coworking.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria reforza nesta edición a súa aposta polo emprendemento coa posta en marcha de tres novos espazos en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI).
Ata o 30 de novembro poderán presentarse as solicitudes para unha nova edición dos espazos Coworking. Aos espazos de Mondoñedo, Monforte de Lemos, Celanova, Vilanova de Arousa, Cabana de Bergantiños, Ferrol, e Santiago de Compostela súmanse tres novos en Palas de Rei, Cenlle e Moaña. As novas aceleradoras están centradas no Camiño, a agroalimentación e o naval.
Máis de 200 emprendedores galegos poderán recibir formación e asesoramento gratuíto nos dez coworking que en datas próximas comezarán as actividades da súa nova convocatoria e para os que se vén de abrir o prazo de inscrición, que remata o 30 de novembro.
ESPAZOS COWORKING DA XUNTA E A EOI