Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

CURSO REXISTRO EN CL@VE

O Concello de Campo Lameiro a través da Aula CEMIT organiza o “ CURSO REXISTRO EN CL@VE”.

En moitas ocasións,  necesitarás contactar coa  Administración  para realizar trámites,  moitos deles urxentes e seguramente,  nese momento,  non dispoñas dos mecanismos  necesarios para facelo, dende a solicitude de Vida Laboral, cita médica, trámites ante o Sepe, prestacións, consulta do carné por puntos , etc.

Adiántate  á necesidade e  date de alta  en Clave.

Dirixido a todo o público en xeral, trátase dunha  acción formativa de só unha xornada de duración encamiñada a coñecer o Sistema Clave para poder realizar trámites telemáticos coas Administracións Públicas, se ben terá continuación para aqueles participantes que iniciaran previamente a alta no sistema.

As inscricións estarán abertas ata o vindeiro 4 de outubro.

Máis información nas oficinas  do  Concello (Tlf. 986752034)

Back to top