Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

BONO DA PERSOA AUTÓNOMA

O bono autónomo

A finalidade é a de apoiar a persoas autónomas consolidadas que:

  • Estean de alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidade de colexio profesional,
  • Teñan domicilio fiscal en Galicia,
  • Teñan unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses e
  • Teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, declarados no ano anterior ao da convocatoria.

Esta axuda concédese para mellorar a competitividade da actividade empresarial ou profesional das persoas autónomas beneficiarias, mediante pagamento anticipado, cunha subvención dun 80% da actividade que se subvencione cun límite máximo de 3.000 euros polo conxunto de actividades subvencionables, sendo o resto do gasto por conta da persoa beneficiaria.

O prazo para a presentación de solicitudes, nesta convocatoria do 2019, rematará ao mes da súa publicación.

Nesta convocatoria se conta novamente con dúas liñas de actuación:

Liña 1: Mellora da competitividade a través dos seguintes servizos 

  • Investigación de mercado
  • Plan de márketing
  • Plan de comunicación do negocio
  • Plan estratéxico do negocio
  • Plan crecemento: constitución sociedade
  • Plan de reorientación do negocio
  • Plan de uso das novas tecnoloxías no negocio
  • Plan de refinanciamento
  • Outros estudos e planes que teñan como fin aumentar a competitividade

Liña 2: Mellora da competitividade a través dos seguintes investimentos 

  • Compra de maquinaria
  • Compra de útiles e ferramentas
  • Reforma do local do negocio
  • Equipos informáticos
  • Rótulos
  • Mobiliario
  • Aplicacións informáticas e páxinas web
  • Creación logotipo do negocio

No caso de solicitar ambas liñas de axudas (as liñas 1 e 2 non son excluíntes nin entre elas nin entre os distintos servizos e investimentos que as configuran), atenderase en primeiro lugar a liña 1 e despois a liña 2 co límite máximo de 3.000 € de axuda polo conxunto de actividades subvencionables.

Acceso directo á sede electrónica da Xunta de Galicia para a súa tramitación.

BONO PERSOAS AUTONOMAS

Back to top