Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

AXUDAS DESTINADAS A PERSOAS TITULADAS UNIVERSITARIAS EN SITUACIÓN DE DESEMPREGO PARA A MATRÍCULA NUN MÁSTER UNIVERSITARIO OFICIAL

Axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do sistema universitario de Galicia.

A continuación descríbense brevemente as características principais desta liña de axudas, aínda que a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada na Orde do 2 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2019/20 (DOG nº 172 do 11 de setembro de 2019).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190911/AnuncioG0534-040919-0002_gl.html

OBXECTO

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras e convocar, en réxime de concorrencia competitiva, axudas destinadas a financiar os gastos derivados da matrícula no curso académico 2019/20 de persoas desempregadas con titulación universitaria matriculadas nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia.

CONTÍA DA AXUDA

  1. A contía da axuda cubrirá o importe das materias matriculadas por primeira vez, ata un máximo de 60 créditos, do máster universitario oficial segundo os prezos públicos establecidos no anexo do Decreto 73/2019, do 4 de xullo, polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2019/20 (DOG núm. 131, do 11 de xullo).

Para os incluídos no punto 1.2 do anexo do decreto a contía máxima asignada será de 835,8 euros para os da epígrafe A) e de 591 euros para os da epígrafe B).

Para os incluídos no punto 1.3 do anexo do decreto a contía máxima asignada será de 1.881,6 euros para os da epígrafe A) e de 1.296,6 euros para os da epígrafe B).

  1. A axuda só alcanzará para a realización dun único máster universitario.
  2. Quedan excluídas do importe da axuda as exencións e bonificacións do pagamento das taxas ás que tiver dereito a persoa beneficiaria.
  3. A repartición da axuda efectuarase en función dos criterios da avaliación previstos no artigo 12 desta orde ata esgotar a asignación orzamentaria ou o seu incremento, se for o caso.

A QUEN VAI DIRIXIDO

Persoas desempregadas con titulación universitaria matriculadas nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia.

REQUISITOS

Poderán solicitar estas axudas as persoas tituladas universitarias que cumpran os seguintes requisitos:

  1. Estar en situación de desemprego na data de presentación da solicitude.
  2. Ter rematados os estudos universitarios que dan acceso aos estudos do máster universitario con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2017.
  3. Estar matriculado no curso académico 2019/20 nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia, dun mínimo de 60 créditos, excluídos os créditos recoñecidos, validados ou adaptados.
  4. Non estar incluídas nos casos de exención total de matrícula previstos no artigo 12 do Decreto 73/2019, do 4 de xullo (DOG núm. 131, do 11 de xullo), polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2019/20.
  5. Non ter gozado desta axuda en convocatorias anteriores.

PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o 21 de outubro de 2019.

NORMATIVA

Orde do 2 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2019/20 (DOG nº 172 do 11 de setembro de 2019).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190911/AnuncioG0534-040919-0002_gl.html

AXUDAS A TITULADOS UNIVERSITARIOS DESEMPREGADOS PARA A MATRICULA DUN MASTER UNIVERSITARIO

Back to top