O CONCELLO DE O CAMPO LAMEIRO ADMITE TODAS AS SOLICITUDES RECIBIDAS PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA CONCILIA+
O Concello de Campo Lameiro informa de que, unha vez rematado o prazo de inscrición no programa Concilia+, todas as solicitudes presentadas foron admitidas.
Nas vindeiras semanas convocarase unha reunión informativa previa entre a empresa adxudicataria do servizo e as familias participantes, co obxectivo de explicar o funcionamento da ludoteca, as actividades previstas e os aspectos organizativos do programa.
O programa Concilia+ desenvólvese grazas ao financiamento da Deputación Provincial de Pontevedra, á achega do Concello de O Campo Lameiro e á colaboración económica das familias usuarias, permitindo ofrecer un servizo de conciliación familiar durante o período estival.
Co fin de garantir a igualdade no acceso ás prazas e unha correcta organización do servizo, o Concello solicita que o pagamento das familias participantes se realice por adiantado. As familias que poidan atoparse con dificultades para afrontar este pagamento poden dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais para recibir información e asesoramento.
Neste sentido, as persoas participantes deberán realizar o ingreso correspondente ao total das quincenas das que vaian desfrutar antes do día 28 de xuño na conta bancaria do Concello, indicando no concepto “Concilia+” e o nome da crianza ou crianzas participantes. O incumprimento deste requisito suporá a exclusión automática do programa.
Custos do programa
Menores empadroados/as no Concello
- 12,50 euros por quincena
- 25 euros por mes completo
Asistencia de dous irmáns/ás
- 22,50 euros por quincena
- 45 euros por mes completo (importe total)
Menores non empadroados/as
- 20 euros por quincena
- 40 euros por mes completo
O Concello de Campo Lameiro agradece a confianza depositada polas familias neste programa, que contribúe a facilitar a conciliación da vida laboral e familiar durante as vacacións escolares, ao tempo que ofrece aos nenos e nenas un espazo de lecer educativo, seguro e enriquecedor.