O CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO ABRE O PRAZO ATA O 12 DE XUÑO PARA ANOTARSE NO «PROGRAMA CONCILIA+» PARA NENOS E NENAS DE 3 A 12 ANOS DE IDADE
O Concello de Campo Lameiro, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, abre o prazo ata o mércores 12 de xuño para anotar aos nenos e nenas menores de 3 anos, que asistiran ao colexio, ata os 12 anos que queiran participar durante os meses de xullo e agosto no Programa Concilia+, con actividades de lecer para o verán, que terán lugar de luns a venres de 9 a 14 horas.
O prezo por cada rapaz será de 25 euros/mes para os empadroados e de 40 euros/mes para os non empadroados, cun límite total de 30 prazas no mes de xullo e de 20 prazas no de agosto.
Debido ao límite do número de prazas, aplicarase a seguinte ORDE DE PRIORIDADE para a admisión de participantes:
• Nenas/os empadroadas/os no concello e con matrícula no CEIP Pedro Antonio Cerviño
• Nenas/os empadroados/as no Concello
• Alumnado do CEIP Pedro Antonio Cerviño
• Se o número de prazas demandadas supera ao das ofertadas, terán prioridade as nenas e nenos de menor idade con respecto aos de maior idade.
Unha vez, aplicados todos estes criterios polo orde establecido, se quedaran prazas dispoñibles, terán prioridade:
• As familias monoparentais que traballen no concello.
• Resto de familias que, ao menos, un dos proxenitores traballen no concello.
• Por último, a data de solicitude.
DÉBESE APORTAR FOTOGRAFÍA DO/DA PARTICIPANTE.
Para máis información, dirixirse ás oficinas municipais do Concello de Campo Lameiro.
SOLICITUDE:
DECLARACIÓN XURADA:
Declaración xurada sobre situación laboral