Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO COLGA UNHA MÁSCARA XIGANTE NO CONSISTORIO PARA FESTEXAR O ENTROIDO E CELEBRARÁ O SEU DESFILE DE DISFRACES O SÁBADO 4 DE MARZO

O Concello de Campo Lameiro afronta a recta final da celebración do Entroido coa colocación dunha máscara xigante na fachada do Consistorio e ultimando os preparativos do gran desfile de disfraces que terá lugar o vindeiro sábado 4 de marzo, a partir das 17 horas.

Un equipo de voluntarios realizou este ano de recuperación da festa unha careta xigante confeccionada de xeito artesanal e que foi pendurada na fachada do Consistorio. Durante máis dun mes este grupo de persoas afeccionadas ao entroido foron creando da nada unha enorme máscara que simboliza o espírito do entroido de Campo Lameiro que recupera, despois do parón imposto pola pandemia, o seu lema: “Nin Tenerife, nin Río de Janeiro… O mellor entroido en Campo Lameiro”.

Un gran desfile de disfraces arrancará ás 17:00 horas do sábado, 4 de marzo, dende a rúa Veigas de San Miguel e finalizará na estrada de Codesada. O percorrido pasará pola rúa Bernardo Sagasta. Todos os participantes desfilarán e mostrarán as súas habilidades e divertirán ao público no pasarrúas. Ao remate, tras coñecer a decisión do xurado, terá lugar un baile na Praza do Concello amenizada por un DJ.

Nesta edición, o entroido de Campo Lameiro contará coas seguintes comparsas convidadas: Os Solfamidas (Campo Lameiro), Os Paparrulos (Marín), As Sonecas (Campelo), Luces (Tomiño), Las Flores del Carnaval (Monte Porreiro), Revolución Show (Tomiño), Os 100tolos (Campelo), Os Miúdos (Arcade), Os da Caña (Marín) e Os Canecos (Poio).

Todas aquelas persoas e grupos que queiran participar na edición deste ano poderán inscribirse de luns a venres, nas oficinas municipais, en horario de 10:00h a 14:00 horas, cubrindo un impreso normalizado facilitado para ese efecto. Ademais, a organización tamén pon a disposición das persoas interesadas en participar no entroido o teléfono 986 75 20 34 para inscribirse e o email info@campolameiro.com. O día do desfile os participantes deberán recoller o seu dorsal o día do desfile en horario de 15:30h a 16:30 horas no Concello.

A entidade organizadora terá aberto un prazo extraordinario de inscricións o mesmo día do desfile, sábado 4 de marzo, de 15:30h a 16:30 horas, no Concello.

Os premios do desfile aos que se poderán optar son os seguintes:

  1. a) INDIVIDUAL.

1º Premio………………………………40 euros.

2º Premio………………………………30 euros.

3º Premio………………………………20 euros.

4º Premio………………………………15 euros.

5º Premio………………………………10 euros.

  1. b) INFANTIL. Grupos

1º Premio………………………………100 euros.

2º Premio………………………………70 euros.

3º Premio………………………………50 euros.

4º Premio………………………………40 euros.

5º Premio………………………………30 euros.

  1. c) ADULTOS. Individual

1º Premio………………………………100 euros.

2º Premio………………………………70 euros.

3º Premio………………………………50 euros.

4º Premio………………………………35 euros.

  1. d) ADULTOS. Grupo

1º Premio………………………………320 euros.

2º Premio………………………………190 euros.

3º Premio………………………………140 euros.

4º Premio………………………………110 euros.

  1. e) COMPARSAS

1º Premio………………………………375 euros.

2º Premio………………………………360 euros.

3º Premio………………………………350 euros.

Ademais, as persoas que participen no desfile tamén poderán optar aos seguintes premios especiais:

– ANIMACIÓN: 3 premios de 100 euros.

– XURADO: 1 premio de 200 euros.

A organización poderá deixar deserto calquera dos premios previstos en función de que se considere que ningún dos participantes reúne méritos suficientes para poder levalo. O fallo do xurado será inapelable e será emitido ao final do desfile, durante o baile na Praza do Concello.

Polo que respecta aos disfraces que entren en concurso, valorarase a súa orixinalidade, dificultade na súa elaboración, así como o bo humor e a soltura desenvolvida polos participantes no desfile.

BASES E NORMATIVA DO ENTROIDO DE CAMPO LAMEIRO 2023:

20230221_Outros_NORMATIVA ENTROIDO 2023 (1)

20230221_Outros_BASES XERAIS REGULADORAS DOS PREMIOS DO ENTROIDO 2023 (2)

 

Back to top