Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO REIVINDICA A SÚA CAPITALIDADE DA ARTE RUPESTRE COA CELEBRACIÓN DO FESTIVAL “LAEROS”

O alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa, e varios membros do equipo de goberno presentaron “Laeros”, unha iniciativa divulgadora do municipio como capital galega da arte rupestre na que se aunará un evento gastronómico, actividades de todo tipo, música, obradoiros e visitas teatralizadas polos petróglifos máis senlleiros do municipio.

“Laeros”, definido como un festival da arte rupestre, está organizado polo Concello de Campo Lameiro e conta coa colaboración do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR) que terá un papel fundamental na coordinación desta xornada de exaltación de Campo Lameiro como destino turístico e arqueolóxico de vital importancia para Galicia.

EXCURSIÓNS DIVULGATIVAS DA ARTE RUPESTRE, EN MICROBÚS

A xornada do día 21 de agosto contempla a realización de dúas excursións en autobús visitando varios petróglifos do municipio e que terán como principais destinos o Castro de Penalba e Campo de Matabois e Chan da Lagoa. Cada unha destas dúas excursións en microbús terá un prezo por persoa de 3 euros previa reserva no teléfono 886 151 195 ou no correo electrónico: reservas@paar.es.

Entre as actividades previstas está unha exhibición metalúrxica a cargo da empresa de divulgación cultural Árbore Arqueoloxía; tamén haberá unha recreación dunha aldea da Idade do Bronce, a cargo da Asociación Tir Na N´og; exhibicións de cesteiría a base de cereal, obradoiros de pintura, graffitis e caza; a visita caracterizada do investigador e arqueólogo Sobrino Buhigas a cargo do actor Suso Martínez, e haberá tamén un concerto a cargo do grupo Neonymus.

EVENTO GASTRONÓMICO: “COMIDA PREHISTÓRICA”

Como elemento dinamizador e de convivencia veciñal destas xornadas contémplase tamén a celebración dun xantar a base de “Comida Prehistórica” a base dun asado de vacún que se venderá por lotes de 20 persoas para compartir ou de medio lote, para 10 comensais. No caso do lote completo para 20 persoas, venderase a un prezo de cada un deles de 400 euros. Cada un destes lotes dá dereito a dispoñer dun asado costillar, 12 racións de polvo á feira servidas por A Fuchela, 2 bolas de pan, 12 botellas de viño e 8 botellas de auga. No caso de medio lote, para 10 persoas, as viandas serán ½ costillar, 6 racións de polvo á feira da Fuchela, 1 bola de pan, 6 botellas de viño e 4 de auga a un prezo global de 200 euros.

Para reservar estes lotes e medios lotes deberán dirixirse ao teléfono 886 151 195 ou a través do correo electrónico: reservas@paar.es

O xantar prehistórico estará preparado pola Asociación Costillar A Estaca de San Clemente e poderá ser degustado nas mesas ubicadas no entorno do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR).

PREMIO DE 200 EUROS EN VALES CANXEABLES NO COMERCIO LOCAL DE CAMPO LAMEIRO PARA OS QUE VEÑAN VESTIDOS DE ÉPOCA E UNHA PEQUENA FEIRA DE ARTESÁNS LOCAIS

Os promotores desta iniciativa queren darlle maior realce e participación á veciñanza para o cal prégase ás persoas que se acheguen ata o PAAR que o fagan vestidos de época para o cal facilitan varios patróns para poder confeccionar a vestimenta que se poida lucir durante este día.

Para incentivar aínda máis a participación, a organización prevé ofrecer un premio de 200 euros en vales de consumo en establecementos do comercio local de Campo Lameiro para premiar a mellor proposta seleccionada polo xurado de especialistas e que será entregado antes do concerto de Neonymus, previsto para as 21 horas.

Tamén haberá unha pequena feira artesanal composta por unha ducia de postos de emprendedores locais que contribuirán a ambientar a xornada ao tempo que ofrecerán diversos artigos elaborados a man polos seus autores utilizando para elo todo tipo de técnicas artesanais para que o público poida adquirir a bo prezo elementos elaborados polos artesáns da contorna.

Back to top