Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

PUBLICADO NO BOE O PERÍMETRO DE ALTO RISCO DE INCENDIOS NAS VÍAS DE TITULARIDADE MUNICIPAL EN CAMPO LAMEIRO

O 17 de novembro publicouse no BOE o anuncio polo que se declara o perímetro de alto risco de incendio nas vías de titularidade municipal no Concello de Campo Lameiro.

Que en materia de XESTIÓN DE BIOMASA para prevención de Incendios Forestáis acorde coa “TERCEIRA ADDENDA AO CONVENIO DE COLABORACIÓN SUBSCRITO ENTRE A XUNTA DE GALICIA, A FEGAMP  E SEAGA EN MATERIA DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS PARA O ESTABLECEMENTO DUN SISTEMA PÚBLICO DE XESTIÓN DA BIOMASA NAS FAIXAS SECUNDARIAS”.

Acordouse delimitar 4 VIÁIS de titularidade municipal polo que quedan catalogados como PERÍMETRO DE ALTO RISCO DE INCENDIO. Nestes, se realizarán labores de corta de especies arbóreas prohibidas. Disposición adicional terceira Lei 3/2007 de incendios de Galicia (PIÑEIROS, EUCALIPTOS E ACACIAS), así como roza da matogueira nun ancho de 4 metros en cada beira dende o límite exterior dos movementos de terra da obra de construcción da vía. Estas labores están definidas na Lei 3/2007 de incendios de Galicia e as distancias na Lei 7/2012 de Montes de Galicia.

As pistas afectadas son as seguintes:

Subida a Conla: Dende Painceiros (PO-3601) ate límite municipal.

Penalba: Dende cruce con Po-221 ate Igrexa de Fragas.

Praderrei: Dende ponte do Lérez ate Lugar de Praderrei.

San Isidro: Dende S. Isidro ate fin límite concello (dirección Cuíña).

Os propietarios que se vexan afectados poden retirar a madeira antes que se lles notifique.

Cando se realice a notificación terán 30 días para retirar a madeira. Posteriormente a este prazo se realizará o decomiso da mesma por parte de SEAGA.

AS PARCELAS E OS PLANOS DAS PISTAS ESTÁN A SÚA DISPOSICIÓN NA WEB E NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO.”

Referencias catastrales de las parcelas afectada s por el PARI Vías de Campo Lameiro 36PARI01

campo_lameiro_plano_pistas_

O enlace ao BOE é o seguinte: https://www.boe.es/boe/dias/2021/11/17/pdfs/BOE-B-2021-46731.pdf

 

Back to top