CURSO REXISTRO EN CL@VE
O Concello de Campo Lameiro a través da Aula CEMIT organiza o “ CURSO REXISTRO EN CL@VE”.
En moitas ocasións, necesitarás contactar coa Administración para realizar trámites, moitos deles urxentes e seguramente, nese momento, non dispoñas dos mecanismos necesarios para facelo, dende a solicitude de Vida Laboral, cita médica, trámites ante o Sepe, prestacións, consulta do carné por puntos , etc.
Adiántate á necesidade e date de alta en Clave.
Dirixido a todo o público en xeral, trátase dunha acción formativa de só unha xornada de duración encamiñada a coñecer o Sistema Clave para poder realizar trámites telemáticos coas Administracións Públicas, se ben terá continuación para aqueles participantes que iniciaran previamente a alta no sistema.
As inscricións estarán abertas ata o vindeiro 4 de outubro.
Máis información nas oficinas do Concello (Tlf. 986752034)