PROGRAMA DE AXUDAS AO ALUGAMENTO DE VIVENDAS DO PLAN ESTATAL DE VIVENDA 2018-2021 – CONVOCATORIA DO ANO 2019
Prazo de presentación de solicitudes: dende o 12 de setembro ao 11 de outubro de 2019
Este programa consiste en dúas liñas de axudas co obxecto de facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económicos.
LIÑAS DE AXUDAS E CONTÍA
As persoas beneficiarias deste programa poderán acceder ás seguintes liñas de axudas:
- Liña Axuda ao alugamento de vivenda, cuxa finalidade é facilitar o desfrute dunha vivenda, en réxime de alugamento, a sectores de poboación con escasos medios económicos. A contía da axuda determinarase en función da renda mensual do alugamento e da idade da persoa solicitante:
- Para persoas entre 18 e 64 anos: 40% da renda mensual de alugamento.
- Para persoas de 65 ou máis anos: 50% da renda mensual de alugamento.
- Liña Axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente, dirixida a persoas con escasos medios económicos que non teñan cumpridos os 35 anos na data de presentación da solicitude.
- Contía da axuda: 50% da renda mensual de alugamento da vivenda
IMPORTES MÁXIMOS DA RENDA DAS VIVENDAS
A renda mensual da vivenda (sen incluír outros gastos como os de comunidade) non pode superar os seguintes importes, dependendo do concello no que estea situada:
|
ASPECTOS A TER EN CONTA PARA REALIZAR A SOLICITUDE
- No momento de cubrir a súa solicitude, a persoa interesada deberá optar por unha das dúas liñas de axuda previstas nesta orde. No caso de que seleccione as dúas liñas a axuda tramitarase pola liña A. No caso de que non se seleccione ningunha das dúas liñas, a solicitude non será admitida a trámite, ao ser un campo de obrigada cumprimentación.
- Só se admitirá unha única solicitude por cada unidade de convivencia. No caso de presentar máis dunha solicitude só se tramitará a primeira das presentadas, téndose por inadmitidas todas as demais.
- No caso de contratos de alugamento asinados por máis dunha persoa da unidade de convivencia, só se poderá conceder unha única axuda polo dito contrato
REQUISITOS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS
- Ter a nacionalidade española ou residir legalmente en España, no caso das persoas estranxeiras.
- Ser titulares, en condición de persoa arrendataria, dun contrato de alugamento de vivenda cunha duración mínima dun ano, con mención expresa da súa referencia catastral, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos e cuxos efectos económicos sexan anteriores ao último día de prazo de presentación de solicitudes.
- Os ingresos da unidade de convivencia deben estar comprendidos no intervalo de 0,7 e 2 veces o IPREM1, agás familias numerosas ou unidades de convivencia con persoas con discapacidade, cuxo límite máximo será de 4 ou 5 veces o IPREM dependendo das circunstancias.
- Que a vivenda arrendada constitúa a residencia habitual e permanente da unidade de convivencia durante todo o período polo que se conceda a axuda. A persoa beneficiaria e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia deben constar empadroados na vivenda na data da presentación da solicitude.
- A persoa solicitante e as demais persoas integrantes da unidade de convivencia deben estar ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non ter pendente ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
- A renda mensual da vivenda alugada non pode superar os importes establecidos no artigo 10.
- Poderán ser beneficiarias das axudas da liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente, as persoas físicas maiores de idade que non teñan cumpridos os 35 anos na data de presentación da solicitude e cumpran o resto de requisitos sinalados.
Non poderá concederse a axuda cando a persoa solicitante ou algunha das persoas integrantes da súa unidade de convivencia se atope nalgunha das situacións que a continuación se indican:
- a) Ser propietario ou usufrutuario dalgunha vivenda en España.
Non se considerará que se posúe a propiedade ou o usufruto dunha vivenda se o dereito recae unicamente sobre unha parte alícuota desta e foi obtido por herdanza ou transmisión mortis causa sen testamento. Exceptuaranse deste requisito as persoas que, sendo titulares dunha vivenda, acrediten a non dispoñibilidade dela por causa de separación, divorcio ou por calquera outra causa allea á súa vontade ou cando a vivenda resulte inaccesible por razón de discapacidade da persoa solicitante ou dalgún membro da súa unidade de convivencia.
- b) Ter parentesco en primeiro ou segundo grao de consanguinidade ou de afinidade coa persoa arrendadora da vivenda.
- c) Ser socia ou partícipe da persoa física ou xurídica que actúe como arrendadora.
- d) Ser arrendataria dunha vivenda xestionada polo IGVS ou por calquera Administración pública.
- e) Ter sido beneficiaria das axudas de calquera das dúas liñas deste programa ao abeiro de convocatorias anteriores realizadas con financiamento do Plan 2018-2021. Exceptúase deste suposto as persoas que xa non forman parte da unidade de convivencia da persoa beneficiaria da axuda.
DURACIÓN DA AXUDA
- As axudas de ambas as dúas liñas concederanse por un prazo máximo de 3 anos e, en todo caso, ata o 31 de decembro de 2021, prazo de remate da vixencia do Plan 2018-2021.
- Para poder desfrutar das anualidades do segundo e terceiro ano deberá solicitarse a renovación anual no prazo que se sinale na resolución de concesión da axuda inicial ou, no seu caso, da primeira renovación, debéndose achegar, para estes efectos, a documentación especificada no artigo 18 das bases reguladoras.
EFECTOS ECONÓMICOS DAS AXUDAS
- Naqueles casos nos que se dispoña dun contrato con efectos económicos anteriores a 1 de xaneiro de 2019, a axuda terá efectos dende o 1 de xaneiro de 2019.
- Para os contratos asinados entre o 1 de xaneiro de 2019 e a data de presentación da solicitude, a axuda terá efectos dende a data en que comecen os efectos económicos do contrato.
TRAMITACIÓN ADMINISTRATIVA
Prazo de presentación de solicitudes: dende o 12 de setembro ao 11 de outubro de 2019
- As persoas interesadas deberán dirixir a súa solicitude á Dirección Técnica de Fomento do Instituto Galego da Vivenda e Solo ou presentala a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
- A solicitude presentaranse preferiblemente por vía electrónica, a través do formulario normalizado que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.ga l ) e na páxina web do IGVS, ( http://igvs.xunta.gal/web/igvs/portada ).
As persoas interesadas poderán obter documentación normalizada ou información adicional sobre esta convocatoria:
– Teléfono de información: 012 (Servizo de Atención e Información á cidadanía)
– Páxina web oficial da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/
– Páxina web do IGVS: http://igvs.xunta.gal/web/igvs/portada
– Nas áreas provinciais do IGVS
NON ESQUEZA:
– Para ser beneficiario/a da axuda ten que ser titular dun contrato de alugamento no momento de presentar a solicitude (tanto na liña A como na liña B).
– Seleccionar unha das dúas liñas de axuda no anexo I, e indicar o grupo e idade e a renda do contrato (Campos obrigatorios).
– Entregar toda a documentación especificada no cadro anterior (anexo I, II, contrato de alugamento, padrón conxunto, xustificación de ingresos e convenio regulador, de ser o caso.)
– Só se admitirá unha única solicitude por unidade de convivencia e só se poderá conceder unha única axuda por contrato de alugamento.
AXUDAS AO ALUGAMENTO DE VIVENDAS 2019