O TEU PRIMEIRO EMPREGO NA DEPUTACION DE PONTEVEDRA
O TEU PRIMEIRO EMPREGO NA DEPUTACION DE PONTEVEDRA
Por acordo da Xunta de Goberno núm. 2.28005, de 7 de xuño de 2019, aprobáronse as bases que regulan a selección das persoas beneficiarias das contratacións laborais en prácticas do programa formativo «O teu primeiro emprego», nos centros e servizos da Deputación Provincial de Pontevedra
- Bases
- Anuncio no BOPPO(BOPPO 18/06/2019)
Esta selección afecta a un total de 33 postos de traballo, dos que 19 pertencen ao grupo A2, con titulación universitaria, e 14 ao grupo C1, co nivel de ciclo superior de formación profesional.
A selección dos centros e servizos nos que se realizarán as prácticas levarase a cabo en función do programa de actuación que se vai desenvolver deseñado polo Servizo de Promoción de Emprego e Recursos Humanos e Formación, e tendo en conta a adecuación do perfil dos postos ás titulacións requiridas.
A selección das persoas beneficiarias consistirá na valoración dos méritos acreditados polas persoas preseleccionadas polo Servizo Público de Emprego e conforme aos criterios establecidos nas bases. Efectuarase entre persoas demandantes de emprego desempregadas ou coa tarxeta de mellora de emprego, inscritas no Servizo Público de Emprego e que cumpran os requisitos esixidos para a formalización dun contrato de traballo, mediante oferta de emprego presentada na oficina do Servizo Público de Emprego de Pontevedra polo Servizo de Recursos Humanos e Formación.
As persoas interesadas en participar deberán inscribirse como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, asegurándose de ter acreditada a concorrencia dos requisitos establecidos nas bases da convocatoria.
Os perfís das persoas que se van seleccionar publicaranse nun prazo de cinco días a partir da publicación do anuncio no BOPPO