USO OBRIGATORIO DE MÁSCARA DE PROTECCIÓN

DESDE ESTE XOVES 21 DE MAIO É OBRIGATORIO O USO DE MÁSCARA DE PROTECCIÓN EN TODO ESPAZO PÚBLICO NO QUE NON SE POIDA MANTER UNHA SEPARACIÓN ENTRE PERSOAS DE CANDO MENOS DOUS METROS.

Así o  establece o Ministerio de Sanidad nunha orde publicada Boletín Oficial del Estado (BOE), que fixa a obriga para toda persoa maior de 6 anos pero cunha serie de excepcións para os casos nos que o uso da máscara non sexa posible.

Segundo se establece no BOE, para cumprir a obriga valerá “calquera tipo de máscara, preferentemente hixiénicas e cirúrxicas, que cubra nariz e boca” e esta esténdese ás “persoas de seis anos en adiante”.

Todas elas deberán usar máscara “na vía pública, en espazos ao aire libre e en calquera espazo pechado de uso público ou que se atope aberto ao público, sempre que non sexa posible manter unha distancia de seguridade interpersoal de cando menos dous metros”.

 Establécense varias excepcións a esa norma xeral:

  • Persoas que presenten algún tipo de dificultade respiratoria que poida verse agravada polo uso de máscara.
  • Persoas nas que o uso de máscara resulte contraindicado por motivos de saúde debidamente xustificados, ou que pola súa situación de discapacidade ou dependencia presenten alteracións de conduta que fagan inviable a súa utilización.
  • Desenvolvemento de actividades nas que, pola propia natureza destas, resulte incompatible o uso da máscara.
  • Causa de forza maior ou situación de necesidade.

 

 

Back to top

Usamos cookies en nuestra Web para mejorar tu experiencia de usuario. Asumimos que estás de acuerdo pero tienes la opción de no aceptar cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar