SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE DINAMIZACIÓN DO XACOBEO 2021,” O TEU XACOBEO”

A continuación descríbense brevemente as características principais desta liña de axudas, aínda que a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución do 19 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a proxectos de promoción e dinamización do Xacobeo 2021 dentro do programa O teu Xacobeo, e se procede á súa convocatoria para os anos 2020 e 2021 (DOG nº 228 do 29 de novembro de 2019).

 

CONVOCA

Axencia Turismo de Galicia

OBXECTO

Esta resolución ten por obxecto fixar as bases reguladoras e a convocatoria plurianual das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos de promoción e dinamización con motivo da conmemoración do Ano Santo Xacobeo 2021 que se celebren entre o 1 de maio de 2020 e o 30 de abril de 2021, co obxectivo principal de lograr unha programación sociocultural cara ao Xacobeo 2021 para a promoción e potenciación de Galicia, así como reforzo da dimensión internacional do Camiño de Santiago e da propia Comunidade Autónoma, tales como: exposicións, mostras, intervencións, exhibicións, concertos, feiras e festivais, publicacións, creacións audiovisuais, talleres, xornadas de formación, conferencias, charlas, encontros, foros, actividades deportivas dirixidas, torneos, mostras gastronómicas, catas e degustacións, actividades de formación e intercambio, e outras.

A QUEN VAI DIRIXIDO?

Poderán participar nesta convocatoria segundo as categorías ou liñas que se establecen no artigo anterior:

Liña 2: persoas físicas (traballadores autónomos) e persoas xurídicas constituídas baixo forma mercantil ou civil e as comunidades de bens que están comprendidos na definición de pequena e mediana empresa (peme).

Así mesmo, poderán presentarse solicitudes por agrupacións de persoas físicas e/ou xurídicas, de conformidade co disposto no citado artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Liña 3: entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro.

Así mesmo, poderán presentarse solicitudes por agrupacións de entidades sen ánimo de lucro, de conformidade co disposto no citado artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño

PROXECTOS QUE SE SUBVENCIONAN

As actividades que se subvencionan terán que ser de nova creación ou, se é o caso, unha segunda edición dun proxecto presentado ou executado ao abeiro da anterior edición do programa O teu xacobeo, desenvolveranse dentro dos seguintes ámbitos e disciplinas:

Ámbito artístico:

  • Artes visuais.
  • Cultura dixital.
  • Deseño e moda.
  • Cinema e documental.
  • Música: clásica, popular, tradicional, músicas do mundo e outras.
  • Artes escénicas: teatro, danza, novo circo e outras.

Ámbito de patrimonio e pensamento:

  • Patrimonio material: arquitectura, arqueoloxía, etnografía, xeografía, topografía e outras.
  • Patrimonio inmaterial: antropoloxía, tradicións, oficios, artesanía, gastronomía, enoloxía e outros.
  • Cultura científica e editorial: publicacións, conferencias, estudos, foros, seminarios, intercambios con expertos, xornadas formativas, libros.

Ámbito deportivo:

  • Torneos
  • Eventos deportivos especiais.
  • Actividades dirixidas, ao aire libre, e relacionadas co benestar e coa vida activa, respectuosa coa contorna e coa natureza.

Ámbito social:

  • Programas de voluntariado en todas as súas dimensións.
  • Programas sociais e educativos no campo da igualdade, da inclusión social e da participación cidadá.

REQUISITOS DOS PROXECTOS:

Os proxectos presentados deberán desenvolverse no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e adherirse, polo menos, a tres dos seguintes obxectivos do Xacobeo 2021:

  1. a) Obxectivos estratéxicos fixados polo Consello Xacobeo para o Xacobeo 2021:
  • Camiño. Destacar a riqueza cultural, natural e humana do Camiño de Santiago.
  • Convidar ao diálogo ao redor deste grande itinerario cultural europeo.
  • Promover o patrimonio cultural xacobeo como fonte de inspiración para a creación artística contemporánea.
  • Territorio e desenvolvemento sustentable. Impulsar o desenvolvemento das áreas rurais do Camiño de Santiago.
  • Audiencia e legado. Fomentar o coñecemento do patrimonio relacionado co Camiño de Santiago, particularmente entre os máis novos.
  1. b) Obxectivos estratéxicos da Comisión Organizadora do Xacobeo 2021 en Galicia:
  • Promoción. Promocionar Galicia como destino cultural e turístico.
  • Implicar toda a poboación galega na celebración e xerar un sentimento de orgullo e pertenza cara aos valores da nosa comunidade.
  • Innovación. Apostar por novas fórmulas de difusión e contidos innovadores que poñan en valor a esencia do Camiño de Santiago.
  • Dar voz e recompilar as historias e experiencias que se xeren ao longo do Camiño.
  • Diálogo. Fomentar o intercambio cultural entre a sociedade local e os peregrinos e visitantes.

CONTÍA DA AXUDA

A determinación da contía das subvencións farase en atención ás liñas establecidas no artigo 1 e segundo os seguintes criterios:

a) Establécense unhas porcentaxes máximas de financiamento dos proxectos e unha achega máxima por proxecto segundo se establece no seguinte cadro:

Entidades privadas Máximo 60 % do orzamento subvencionable Ata 25.000,00 €
Entidades sen ánimo de lucro Máximo 90 % do orzamento subvencionable Ata 20.000,00 €

 

Para a determinación do orzamento subvencionable detraeranse do orzamento presentado, IVE incluído, os gastos non subvencionables.

c) As contías da subvención estableceranse con base nun tanto por cento (%) do orzamento subvencionable en función da puntuación obtida por cada solicitante en aplicación dos criterios de valoración establecidos no artigo 10 destas bases, segundo se detalla a seguir:

Liña 1.

Porcentaxe de axuda
Entidades privadas Entre 50 e 75 puntos: 50 %
Máis de 75 puntos: 60 %
Entidades sen ánimo de lucro Entre 50 e 75 puntos: 70 %
Máis de 75 puntos: 90 %

 

NORMATIVA

Resolución do 19 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a proxectos de promoción e dinamización do Xacobeo 2021 dentro do programa O teu Xacobeo, e se procede á súa convocatoria para os anos 2020 e 2021 (DOG nº 228 do 29 de novembro de 2019).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191129/AnuncioG0256-191119-0005_gl.html

PRAZO

O prazo de presentación remata o  30 de decembro de 2020

 

Back to top

Usamos cookies en nuestra Web para mejorar tu experiencia de usuario. Asumimos que estás de acuerdo pero tienes la opción de no aceptar cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar