SUBVENCIÓNS PARA ACTUACIÓNS EN MATERIA DE ECOINNOVACIÓN COMERCIAL

OBXECTO

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a execución de proxectos ecoinnovadores no desenvolvemento da actividade comercial.

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES

Considéranse subvencionables os proxectos ecoinnovadores que conteñan algunha das seguintes actuacións:

1.1. Ecoenvases: solucións sustentables de empaquetado de produto e para o seu envío, de ser o caso, coa utilización de materiais cen por cen biodegradables.

Poderán ser beneficiarios desta actuación os comerciantes retallistas, os obradoiros artesanais e as asociacións de vendedores das prazas de abastos e Centros comerciais abertos previstos no artigo 3 das bases de convocatoria.

Poderán acollerse nesta epígrafe solucións sustentables de envasado, empaquetado exterior, tanto para o seu envío como para a presentación do produto, a protección ou para o seu consumo.

En todo caso, as bolsas, no caso de seren de plástico, deberán ser compostables, que cumpran os requisitos da norma europea vixente EN 13432:2000 Envases e embalaxes. Requisitos dos envases e das embalaxes valorizables mediante compostaxe e biodegradación. Programa de ensaio e criterios de avaliación para a aceptación final do envase ou da embalaxe, e das súas sucesivas actualizacións, así como as bolsas de plástico que cumpran os estándares europeos ou nacionais de biodegradación a través de compostaxe doméstica.

O investimento máximo subvencionable para este punto será de 4.000 €, IVE excluído, e a porcentaxe da subvención será do 70 %.

No caso de obradoiros artesáns ou establecementos de tendas de artesanía autorizadas, deberán cumprir coas obrigas establecidas na Orde do 26 de outubro de 2018, pola que se regula a concesión, uso e control da marca Artesanía de Galicia, propiedade da Xunta de Galicia, concretamente as establecidas no artigo 6, condicións do uso da marca.

Na documentación desta actuación, prevista no artigo 5.1.1.l) e m), e no artigo 19.1.a) (se é o caso, orzamentos, facturas pro forma, facturas e demais documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil e con eficacia administrativa), deberá figurar a composición da solución para a que se solicita a axuda, onde quede debidamente acreditado o seu carácter biodegradable.

1.2. Economía circular.

Poderán ser beneficiarios desta actuación os comerciantes retallistas e os obradoiros artesanais previstos no artigo 3.

Considérase subvencionable a implantación ou posta en marcha de proxectos de ecoinnovación comercial, que poderán referirse ás seguintes áreas:

  1. Procesos de economía circular, incluíndo proxectos de modelos de negocio onde polo menos o 70 % da oferta de produto non sexa de primeira manufactura.
  2. Venda de produtos elaborados con residuos ou materiais reciclados, que supoñan polo menos o 30 % das referencias do establecemento comercial.
  3. Proxectos de recollida de envases do propio establecemento comercial, con ou sen incentivos para o cliente, para a súa posterior reutilización polo establecemento comercial.
  4. Proxectos de negocios que introduzan polo menos o 70 % da oferta de produtos con etiquetaxe ecolóxica.
  5. Venda a granel de produtos que habitualmente se presentan envasados, sempre que supoñan polo menos o 70 % das referencias do establecemento comercial.

A subvención consistirá nunha axuda por beneficiario de 1.500 € para o pulo de proxectos ecoinnovadores que inclúan actuacións descritas nesta epígrafe.

1.3. Instalación de máquinas de reciclaxe de envases con incentivos

Poderán ser beneficiarias desta actuación as asociacións de vendedores das prazas de abastos e centros comerciais abertos previstos no artigo 3.

Considéranse subvencionables os proxectos de instalación de máquinas de reciclaxe de envases con incentivos (reverse vending), onde se colleiten envases a cambio de diñeiro ou vales. O proxecto deberá consistir na instalación e posta en funcionamento da máquina, así como a recollida periódica por parte dunha empresa ou entidade para a súa posterior reciclaxe.

O investimento máximo subvencionable será de 7.000 €, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención será o 50 % do investimento máximo subvencionable.

Non se consideran gastos subvencionables:

Segundo o artigo 29.8 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, nin os impostos persoais sobre a renda. Tampouco serán subvencionables o material promocional ou as actuacións de publicidade sobre as actuacións subvencionadas.

En ningún caso o custo da adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

Respecto do punto 1.2, non se considerarán subvencionables os proxectos implantados con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2020 nin aquelas actuacións non relacionadas directamente coa súa actividade principal. Para os efectos da alínea e), relativa á venda a granel de produtos que habitualmente se presentan envasados, queda excluída del a venda de produtos frescos.

BENEFICIARIOS

Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases e sempre que nos solicitantes non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas que, en todo caso, cumpran ademais os seguintes requisitos

  • Comerciantes retallistas:
  1. Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio social radique na comunidade autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade. No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña, deberán ter o domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.
  2. Que, tendo a condición de peme conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea na súa Recomendación 2003/361/CE, do 6 de maio (DOUE 124, do 20 de maio, p. 36), empreguen menos de cincuenta (50) traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable.
  3. Que estean dados de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II e III e que esta constitúa a actividade principal do solicitante. No caso de que a actividade principal sexa unha actividade das epígrafes relacionadas no anexo III, deberá estar dado de alta nalgunha actividade comercial relacionada no anexo II.
  4. Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE.
  • Obradoiros artesáns que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. En caso de novos obradoiros, terán ata o último día de prazo para a presentación de solicitudes para a inscrición nese rexistro.
  • As asociacións de vendedores das prazas de abastos, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • As asociacións de comerciantes de carácter territorial, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia, que leven a cabo proxectos de interese e transcendencia en centros comerciais abertos.

Para estes efectos, terán a consideración de centros comerciais abertos as agrupacións de establecementos comerciais definidas no artigo 24 da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia, que conten, en todo caso, cunha unidade de xestión profesionalizada e que teñan a condición de centro comercial aberto de acordo cos criterios establecidos no artigo 3.1.3 das bases reguladoras da Orde do 13 de marzo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro para a dinamización dos centros comerciais abertos e prazas de abastos de Galicia, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento CO300A) (DOG núm. 64, do 2 de abril).

Non poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas en crise, conforme a definición prevista no artigo 2, número 18, do Regulamento (UE) nº 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do tratado (DOUE do 26 de xuño, L 187/1), nin aquelas persoas que, tendo sido beneficiarias do procedemento CO300D, renunciaran a el ou perderan o dereito ao cobramento total da subvención no ano 2019.

Así mesmo, non poderán ser beneficiarias as persoas ás cales lle fose concedida unha subvención para as actuacións previstas no artigo 4.1.2 no ano 2019.

NORMATIVA

Orde do 30 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para actuacións en materia de ecoinnovación comercial e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 36 do 21 de febreiro de 2020).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200221/AnuncioG0424-030220-0006_gl.html

PRAZO

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o derradeiro do mes.

Dende o 22/02/2020 ao 23/03/2020

Back to top

Usamos cookies en nuestra Web para mejorar tu experiencia de usuario. Asumimos que estás de acuerdo pero tienes la opción de no aceptar cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar