RESUMO DAS CONDICIÓNS DO DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE DO COMERCIO POLO MIÚDO E DE PRESTACIÓN DE SERVIZOS, HOSTALERÍA E RESTAURACIÓN. USO DAS MÁSCARAS NO TRANSPORTE PÚBLICO

Orde TMA/384/2020. Uso das mascaras no transporte público.

Reducir o risco en lugares pechados e lugares públicos con gran concentración de persoas.

Uso de máscaras:

  • En todo o transporte público
  • Para os traballadores dos servizos de transporte e ademais deben de ter acceso a solucións hidroalcohólicas para desinfección.

Condicións de ocupación dos vehículos no transporte terrestre:

  • Nos vehículos particulares de ata 9 prazas poderán desprazarse dúas persoas por cada fila de asentos sempre que usen máscaras e respecten a máxima distancia posible
  • No transporte público poderán desprazarse ata dúas persoas por cada fila de asentos garantindo a máxima distancia posible entre elas.

En todo caso so poderán ocuparse a metade das prazas sentadas e nas plataformas de pé dúas persoas por metro cadrado.

  • Vehículos pesados cunha única fila de asentos: máximo dúas persoas sempre que leven máscara, en caso contrario so o condutor.
  • As administracións competentes poderán establecer horarios para reducir a intensidade da demanda en horas punta.

Orde SND/388/2020. Condicións para a apertura ao público de determinados comercios e servizos, e a apertura de arquivos, así como a práctica do deporte profesional e federado.

Ten como obxectivo abordar a fase 0 de reactivación de actividade comercial en comercios polo miúdo, hostalería e actividades profesionais.

No ámbito da hostalería e restauración permítese o servizo de recollida no local os encargos realizados polos clientes, sempre que se respecten as medidas de hixiene, prevención e aforo.

Reapertura ao público dos arquivos de calquera titularidade e xestión.

1.      Reapertura de establecementos e locais comerciais polo miúdo e de prestación de servizos asimilados que viran suspendida a súa actividade co RD 463/020 sempre que non superen os 400 m2 de superficie.

Condicións para a apertura:

  • Establecerase un sistema de cita previa que garanta a presenza dun único cliente por traballador sen que se poidan habilitar zonas de espera no interior.
  • Garantirase a atención individualizada coa debida separación física, de non ser posible farase mediante a instalación de mostradores ou biombos.
  • Establecerase un horario preferente para maiores de 65 anos que deberá facerse coincidir co horario de saídas para paseos.
  • Non é aplicable a aqueles establecementos que tiñan permitida a súa actividade de acordo co RD 463/2020.
  • Potenciarase a efectiva reactivación dos servizos sociais mediante a reincorporación de todo o persoal que sexa necesario na Fase 0.
  • Os desprazamentos aos establecementos poderán efectuarse unicamente dentro do municipio de residencia, agás que o servizo ou produto non esté dispoñible no mesmo.

Medidas hixiénicas nos establecementos

  • Deberanse de realizar polo menos dúas veces no día unha limpeza e desinfección das instalacións con especial atención ás superficies de contacto mais frecuentes de acordo as seguintes normas:
    • Unha das limpezas realizarase, obrigatoriamente ao finalizar o día
    • Desinfectantes como dilucións de lixivia (1:50) preparada no momento
    • Tras cada limpeza os materiais e os EPIs desbotaranse e procederase ao lavado de mans.
    • Recomendase outra limpeza nun horario de mediodía e co local pechado
    • Limpeza tamén  con  cada  cambio  de  quenda  de  traballo  (rexitradoras, mostradores, mesas…)
    • Desinfección diaria da roupa de traballo ou a usada na xornada para atender aos clientes.
    • Non se poderán usar os aseos dos establecementos por parte dos clientes salvo por causas estritamente necesarias.
    • Os establecementos deberán dispoñer de papeleiras accionadas con pedal.

Medidas de prevención de riscos para o persoal dos establecementos.

  • Non poderán incorporarse ao seu posto de traballo:
    • Traballadores/as que estean en illamento domiciliario por COVID 19
    • Traballadores/as en cuarentena
  • Todos os traballadores deberán contar cos EPIs necesarios para o desenvolvemento do traballo

A  disposición  do  persoal  deberá  axeitarse ao  mantemento  da  distancia interpersoal.

  • A distancia entre vendedor e cliente será de un metro cando haxa elementos de protección e barreiras ou no seu defecto será de dous metros, esta distancia deberá de respectarse tamén en vestiarios, taquillas, aseos..

Medidas de protección e hixiene aplicables aos clientes

  • O tempo de permanencia será o menor posible
  • Nos establecementos que esté permitida a atención de dúas ou mais persoas deberá de sinalarse de forma clara a distancia interpersoal de dous metros.
  • Deberá disporse de xeles hidroalcohólicos.
  • Non se poderá dispoñer de produtos de  proba.
  • Os probadores deberán de desinfectarse despois de cada uso
  • As prendas probadas e non mercadas deberán de hixienizarse

2.         Condicións nas que deban desenvolverse as actividades de hostalería e restauración

Actividades de hostalería:

  • So poderán realizarse actividades de entrega a domicilio ou recollida no local non podendo consumirse no seu interior
  • Poderá establecerse un horario especial para maiores de 65 anos.
  • No sistema de recollida deberá de facerse o pedido por teléfono ou medios telemáticos e se fixará un horario para a recollida co fin de evitar aglomeracións.
  • Se poderán abrir os servizos de abastecemento en automóbil.
  • Os locais so poderán permanecer abertos ao público en horario de recollidas

Medidas de prevención para o persoal dos establecementos:

    • Non poderán inocorporarse as persoas en illamento ou cuarentena
    • O persoal deberá de contar cos EPIs necesarios para a actividade laboral.

Medidas en materia de hixiene para clientes:

  • Xeles hidroalcohólicos
  • Papeleiras con tapa e pedal
  • O tempo de permanencia será o estritamente necesaria
  • De poder atenderse a mais dunha persoa por traballador/a deberá marcarse a distancia mínima de dous metros.
  • Os clientes so poderán ir acompañados dun menor, dunha persoa con discapacidade ou dunha persoa maior cando sexa necesario.

 

 

Back to top

Usamos cookies en nuestra Web para mejorar tu experiencia de usuario. Asumimos que estás de acuerdo pero tienes la opción de no aceptar cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar