PROXECTO MILLENNIALS

Dende o Concello de Campo Lameiro comprácenos informarte que a Deputación Provincial de Pontevedra puxo en marcha o proxecto MILLENNIALS, destinado a persoas mozas de entre 16 e 30 anos en situación de desemprego e inscritas ou inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Integra accións formativas deseñadas e adaptadas ás necesidades da mocidade  e das necesidades do tecido empresarial da provincia, no marco do Plan nacional de garantía xuvenil.

Na actualidade está aberto o prazo de inscrición para 10 accións formativas que se va a desenvolver nas localidades de Vigo, Pontevedra, Vilagarcia de Arousa e Ponteareas con temáticas que versan en torno ás TIC a ao Turismo.

Esta formación permitiralles ás mozas e aos mozos mellorar a súa empregabilidade para acceder ao mercado laboral e recibir formación e asesoramento gratuíto.

Participantes no proxecto “Millennials”

As e os participantes nos programas deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • Ter entre 16 e 30 anos (ou a idade límite que no seu momento poida establecer o Sistema Nacional de Garantía Xuvenil), estar en situación de desemprego e inscritas ou inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
  • Preferentemente da provincia de Pontevedra (en calquera caso sempre deben ser da Comunidade Autónoma de Galicia)
  • Superar o proceso de selección

Ademais, estes programas estarán destinados ás mozas e mozos que, cumprindo os requisitos anteriores, desexen mellorar as súas habilidades e capacidades para incorporarse ao mercado laboral por conta allea.

As accións formativas que se van desenvolver no 2019 son as seguintes:

Se queres máis información podes dirixirte a:

LISTADO DE CURSOS

Back to top

Usamos cookies en nuestra Web para mejorar tu experiencia de usuario. Asumimos que estás de acuerdo pero tienes la opción de no aceptar cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar