OS PRAZOS PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES DE AXUDAS EN MATERIA DE VIVENDA QUEDAN EN SUSPENSO MENTRES DURE O ESTADO DE ALARMA

Os prazos volverán a activarse unha vez remate a situación excepcional

En todo caso, o Instituto Galego de Vivenda e Solo continuará coa tramitación de axudas para facilitar un fogar a aqueles colectivos sociais máis desfavorecidos e en situación de vulnerabilidade

En cumprimento das medidas adoptadas pola Xunta de Galicia con motivo da declaración do Estado de alarma, os prazos para a presentación de solicitudes das distintas liñas de axudas convocadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo quedan en suspenso durante o tempo que dure esta situación.

O cómputo dos prazos volverá a activarse unha vez se volva á normalidade.

Esta medida é aplicable a todas as axudas en materia de vivenda que se atopan en prazo de solicitude actualmente, afectando especialmente a aquelas cuxos prazos remataban nas próximas semanas.

Actualmente as liñas de axudas para as que se poden presentar solicitudes son as seguintes:

• Axudas para mellora da eficiencia enerxética, sustentabilidade, conservación e mellora da seguridade e accesibilidade das vivendas
• Áreas de rehabilitación dos Camiños de Santiago e das Illas Atlánticas.
• Axudas a promotores de vivendas para alugueiro
• Préstamos para rehabilitación de vivendas
• Axudas para adquisición de vivendas en concellos de menos de 5.000 habitantes
• Axudas para adquisición de vivendas en centros históricos
• Bono de alugueiro social
• Programa de Infravivenda
• Rehabilitación de vivendas de mestres, outros oficios e outras de titularidade municipal

Por outro lado, o Instituto Galego de Vivenda e Solo mantén a tramitación das axudas para aqueles colectivos sociais máis desfavorecidos e en situación de vulnerabilidade, así como as vítimas da violencia de xénero, ao abeiro do programa Bono de alugueiro social.

Back to top

Usamos cookies en nuestra Web para mejorar tu experiencia de usuario. Asumimos que estás de acuerdo pero tienes la opción de no aceptar cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar