JULIO SAYÁNS

Aproveitando a oportunidade que se nos brinda, presentamos a Páxina Oficial do Concello de CAMPO LAMEIRO, na que pretendemos mostrar una visión xeral e real do noso entorno, as nosas xentes, o noso pasado e achanzar o camiño para xeracións vindeiras, consolidando o noso patrimonio e traballando con visión de futuro en novas infraestructuras.

Precisamente por iso temos un especial motivo de alegría ó darvos a benvida a esta “viaxe” por CAMPO LAMEIRO, e da que estamos seguros que quedaredes satisfeitos.

Para calquera arqueólogo, investigador, ou persoa atraída polos gravados rupestres, CAMPO LAMEIRO, é visita obrigada.

Posúe o museo ó aire libre maís importante de Galicia. Numerosas rochas de granito conservan o testemuño das manifestacións artísticas do primitivo home galego…>..

Sendo o noso concello depositario de tan magna riqueza cultural, temos a obriga moral de perpetuala, conservala e dala a coñecer: Un pobo faise cando se conciencia do seu propio ser e saber.

Un saúdo, Julio Sayáns
Alcalde de Campo Lameiro

Back to top

Usamos cookies en nuestra Web para mejorar tu experiencia de usuario. Asumimos que estás de acuerdo pero tienes la opción de no aceptar cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar