O 900 400 800, NOVO TELÉFONO DE ACOMPAÑAMENTO E APOIO Á CIDADANÍA POLO COVID-19

O CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO INFORMA:
 
A XUNTA PON EN MARCHA UN TELÉFONO SOCIAL DE ACOMPAÑAMENTO E APOIO Á CIDADANÍA: 900 400 800
 
Debido á actual situación de emerxencia sanitaria, o actual teléfono do voluntariado (900 400 800), dependente da Consellería de Política Social, funcionará tamén como un teléfono social. O obxectivo é proporcionar acompañamento e apoio aos cidadáns que o precisen, priorizando aquelas chamadas que alerten de situacións de vulnerabilidade ou emerxencia social.
 
O horario deste servizo será de 8.00 a 20.00 horas os sete días da semana.
 
O persoal que atende este teléfono responderá, de xeito maioritario, os seguintes tipos de chamadas:
 
1. Persoas que chamen para resolver dúbidas básicas relacionadas co COVID-19, tal e como vén facendo o teléfono 012.
 
2. Persoas que necesiten apoio psicolóxico especializado. Derivaráselles a un/unha profesional deste ámbito.
 
3. Persoas que chamen para informar sobre posibles casos de especial vulnerabilidade e emerxencia social, sexan propios ou alleos, que serán analizados pola Consellería de Política Social e, de ser o caso, derivaranse aos servizos sociais do concello.
 
4. Persoas que chamen para ofrecerse voluntarias nas próximas semanas:
 
O obxectivo pasa por crear unha Rede de persoas voluntarias, coordinada pola Consellería de Política Social, para dar resposta en dous casos diferentes:
 
De xeito prioritario: Acompañamento telefónico. O persoal do teléfono social derivará chamadas ás persoas voluntarias anotadas nesta rede, unha vez se teña un número nutrido de persoas, para que poidan dar simplemente conversa a aquelas persoas vulnerables ou que máis o necesiten.
 
Apoio a concellos e entidades de acción voluntaria. Naqueles casos nos que as persoas voluntarias prefiran realizar unha actividade de acción voluntaria de carácter presencial, o propio servizo de Voluntariado da Xunta de Galicia poñerá á persoa voluntaria en contacto cos servizos sociais de cada concello ou con entidades de acción voluntaria de cada zona.
 
En todo caso, deberanse seguir estritamente os protocolos de seguridade e sanitarios, así como o protocolo de acción voluntaria, que se pode consultar na descarga adxunta.
 
Para calquera dos dous casos é preciso inscribirse premendo no seguinte enlace:
 

http://www.voluntariadogalego.org/campusonline/web/modulo.php?mod=ppr&idc=412#forsux

Back to top

Usamos cookies en nuestra Web para mejorar tu experiencia de usuario. Asumimos que estás de acuerdo pero tienes la opción de no aceptar cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar