NOVA CONVOCATORIA DE RE-ACCIONA

AS EMPRESAS PODEN SOLICITAR A PARTIR DO 2 DE XUÑO  OS SERVIZOS DE RE-ACCIONA PARA MELLORAR A SÚA COMPETITIVIDADE

Igape Responde, iniciativa dirixida a ofrecer asesoramento inmediato a autónomos e pemes, contará cunha nova convocatoria do programa Re-acciona.  A orde xa está publicada  no Diario Oficial de Galicia e o 2 de xuño comeza o prazo para que as empresas poidan solicitar os servizos. O prazo estará aberto ata o vindeiro 2 de xullo.

Os diferentes servizos de Re-acciona ofrecerán orientación e apoio individualizado sobre as medidas de implantación rápida que se deben adoptar a nivel xeral, na reorganización estratéxica e operativa dos negocios, así como no que se refire a proxectos de dixitalización e innovación para manter e impulsar a actividade produtiva.

En concreto, Re-acciona ofrecerá soporte personalizado en aspectos como a implantación do teletraballo, prestacións de servizos e promoción en liña, busca de financiamento e reconfiguración da oferta comercial.

Esta nova ferramenta porá a disposición do tecido produtivo galego unha base de coñecemento con información de interese empresarial, encontros explicativos en liña, guías de repostas a preguntas frecuentes e boletíns informativos periódicos.

Re-acciona, é un programa conxunto de Igape, Amtega e Gain, que comprende un esquema de servizos de mellora da competitividade empresarial, nacido para capacitar as pemes ante os novos retos do mercado, dotándoas dun valor engadido que permita acelerar os seus procesos de mellora e incorporar novos coñecementos ás súas estruturas. O programa dispón dun total de 15 servizos ao redor de catro eixes de competitividade: a estratexia, a profesionalización, a dixitalización e a innovación.
A nova convocatoria de Re-acciona pivota sobre:
  • Desenvolvemento estratéxico, no que as empresas terán á súa disposición varias asistencias para analizar a súa posición inicial e definir os pasos de mellora que deben de seguir.
  • Profesionalización. Neste caso, as pemes descubrirán como optimizar a súa estructura financeira ou a cadea de producción. Por outra parte, as empresas disporán de servizos para acometer relanzamentos comerciais ou para implementar novos modelos de xestión.
  • Dixitalización, que permitirá definir unha estratexia dixital, traballar o marketing de contidos ou a ciberseguridade.
  • Innovación, que axudará ás pemes a implantar novas metodoloxías de deseño estratéxico; o que se traducirá no desenvolvemento de novos procesos de negocio.

Podes solicitar as axudas ata o vindeiro 2 de xullo. Máis detalles dos servizos dispoñibles, aquí.

CONVOCATORIA ABERTA:

DO 3/06 Ó 2/07 DE 2020

SOLICITA O TEU SERVIZO RE-ACCIONA!

Back to top

Usamos cookies en nuestra Web para mejorar tu experiencia de usuario. Asumimos que estás de acuerdo pero tienes la opción de no aceptar cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar