Medidas contempladas no Real Decreto-Lei 18/2020

O Real Decreto-Lei 18/2020 publicado o 13 de maio de 2020, no BOE amplía as medidas en defensa do emprego definidas no Real Decreto-Lei 8/2020.

https://www.boe.es/boe/dias/2020/05/13/pdfs/BOE-A-2020-4959.pdf

Desvinculación dos ERTEs por causa de forza maior COVID-19 ao estado de alarma.

Continuarán en situación de forza maior total aquelas empresas e entidades que contarán con un ERTE aprobado por causa de forza maior como consecuencia do COVID-19, incluida a declaración do estado de alarma, cando as causas xustificativas da aprobación do ERTE impidan o reinicio da súa actividade, mentres duren as mesmas e en ningún caso máis alo do 30 de xuño de 2020.

Encontraranse en situación de forza maior parcial derivada do COVID-19 ata o 30 de xuño de 2020, as empresas e entidades desde o momento no que as causas reflexadas permitan a recuperación parcial da súa actividade.

Estas empresas e entidades deberán proceder a reincorporar aos traballadores afectadas por medidas de regulación temporal de emprego, na medida necesaria para  o desenvolvemento da súa actividade, primando os axustes en termos de redución de xornada.

As empresas e entidades deberán comunicar á autoridade laboral a renuncia total, no seu caso, ao ERTE autorizado, no prazo de 15 días desde a data de efectos de aquela.

Deberán comunicar ao SEPE aquelas variacións que se refiran ao remate da aplicación da medida respecto á totalidade ou a unha parte das persoas afectadas.

Medidas extraordinarias en materia de cotización.

A TGSS exonerará o 100 %, das cotizacións devengadas nos meses de maio e xuño de 2020, ás empresas e entidades que continúen en ERTE por forza maior total, sempre que, a 29 de febreiro de 2020, tiveran menos de 50 traballadores. Se as citadas empresas e entidades tiveran 50 ou máis traballadores a exoneración da obriga de cotizar alcanzará ao 75 % da achega empresarial.

As empresas e entidades que se atopen en ERTE por forza maior parcial exonerarase do pago das cotas nas porcentaxes e condicións indicadas a continuación:

a) En canto aos traballadores que reinicien a súa actividade, a exención alcanzará o 85 % da achega empresarial devengada en maio de 2020 e o 70 % en xuño de 2020, cando a empresa tivera menos de 50 traballadores a 29 de febreiro de 2020. Se nesa data a empresa tivera 50 ou máis traballadores a exención alcanzará o 60 % da achega empresarial devengada en maio de 2020 e o 45 % en xuño de 2020.

b) En canto aos traballadores destas empresas que continúan coas súas actividades suspendidas, a exención alcanzará o 60% da contribución empresarial devengada en maio de 2020 e o 45% en xuño de 2020, cando a empresa tivera menos de 50 traballadores a 29 de Febreiro de 2020. Se nesa data a empresa tivera 50 ou máis traballadores, a exención alcanzará o 45% da contribución empresarial devengada en maio de 2020 e o 30% en xuño de 2020.

Medidas extraordinarias en materia de protección por desemprego.

As medidas de protección por desemprego, nos ERTES por forza maior ou por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción vinculadas a COVID-19, resultarán aplicables ata o 30 de xuño de 2020.

 As medidas extraordinarias en materia de protección por desemprego aplicables ás traballadoras e os traballadores fixos-discontinuos e aos que realizan traballos fixos e periódicos que se repiten en datas certas, resultarán aplicables ata o 31 de decembro de 2020.

Límites á obriga de manter o emprego durante 6 meses tras ERTEs forza maior Covid-19.

Entendese que o prazo de seis meses comeza a computar desde a data de reanudación da actividade, entendendo por tal a reincorporación ao traballo efectivo de persoas afectadas polo expediente, aínda cando este sexa parcial ou solo afecte a parte da plantilla.

Non se considerará incumprido dito compromiso cando o contrato de traballo se extinga por despido disciplinario declarado como procedente,dimisión, morte, xubilación ou incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez da persoa traballadora, nin polo fin do chamamento das persoas con contrato fixo-discontinuo, cando este no supoña un despido senón unha interrupción do mesmo.

Nos contratos temporais o compromiso de mantemento do emprego non se entenderá incumprido cando o contrato se extinga por expiración do tempo convenido ou pola realización da obra ou servizo, ou cando non se poida facer de xeito inmediato a actividade obxecto de contratación.

Non resultará de aplicación o compromiso de mantemento do emprego en aquelas empresas nas que concurra un risco de concurso de acreedores.

As empresas que incumpran este compromiso deberán reintegrar a totalidade do importe das cotizacións de cuxo pago foron exonerados, co recargo e os correspondentes xuros de mora.

Procedementos de suspensión e redución de xornada por causas económicas, técnicas, organizativas e de produción comunicados a partires do desconfinamento.

  1. Nos procedementos de suspensión de contrato ou redución da xornada por causas económicas, técnicas, organizativas e de produción relacionadas co el COVID-19, seguiranse aplicando as especialidades desimplificación do procedemento, recollidas no Real Decreto-lei 8/2020, de 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para afrontar ao impacto económico e social do COVID-19.
  2. A tramitación destes expedientes poderá iniciarse mentres estea vixente ERTE por causa de forza maior consecuencia do COVID-19.
  3. Cando o ERTE por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción se inicie tras o remate de un ERTE por forza maior como consecuencia do Covid-19, a data de efectos de aquél retrotraerase á data de remate deste.
  4. Os ERTES actualmente vixentes seguirán sendo aplicables nos termos previstos na comunicación final da empresa e ata o remate referido na mesma.
Back to top

Usamos cookies en nuestra Web para mejorar tu experiencia de usuario. Asumimos que estás de acuerdo pero tienes la opción de no aceptar cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar