I CONVOCATORIA PROGRAMA DE ACELERACIÓN DE EMPRESAS DO SECTOR COMERCIO DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

A DEPUTACIÓN LANZA UNHA NOVA ACELERADORA DESTINADA AO COMERCIO MINORISTA PARA CONTRARRESTAR OS EFECTOS DO COVID19

O Programa SmartPeme lidera esta nova iniciativa destinada a negocios e proxectos empresariais ou de emprendemento que desexen reorientar on line a súa actividade

A Deputación de Pontevedra lanza un novo programa de aceleración de empresas dentro da rede SmartPeme, que nesta ocasión estará enfocada ao comercio minorista da provincia co fin de axudar a impulsar os negocios e reactivar a economía local tras a crise xerada polo COVID19. Este programa nace da creación dunha nova carteira de servizos específica para o sector do comercio, que estaba plantexada por SmartPeme para este ano 2020, e que agora se lanza para paliar na medida que sexa posible á complicada situación que está a atravesar o comercio minorista, obrigado a pechar de xeito temporal na súa mayoría.

A quen vai dirixido?

A aceleradora de empresas está dirixida a pemes, persoas emprendedoras e autónomas da provincia de Pontevedra que cumpran os seguintes requisitos:

  • Persoas con negocios que, afectados polo  COVID-19, desexen reorientar ou poñer en marcha a súa actividade en liña; así como persoas cun proxecto empresarial ligado ao sector comercio comerciante polo miúdo ou cunha actividade vinculada ao mesmo en fase temperá de desenvolvemento ou cun alto potencial de desenvolvemento.
  • Preparación técnica para desenvolver o proxecto de aceleración e unha gran motivación e compromiso co programa.
  • Interese real en mellorar as súas capacidades e habilidades para acelerar o seu proxecto empresarial.
  • Ter dispoñibilidade e compatibilidade para seguir as accións formativas.

Actividades

O programa de aceleración seguirá as seguintes fases e actividades:

Tanto as sesións de titoría como as actividades de capacitación impartiranse de maneira presencial ou telemática en función da situación na que se atope a provincia no momento de lanzamento destas bases, debido ao Estado de Alarma pola a crise do  Covid – 19.

Proceso de selección de participantes e criterios de avaliación

Finalizado o prazo de presentación de candidaturas, o equipo técnico de Smartpeme, realizará unha preselección de proxectos cun informe preliminar de cada unha das candidaturas recibidas en base á documentación presentada polas persoas interesadas e para cada un dos seguintes criterios de valoración:

  1. Grao de innovación:As persoas solicitantes deben proporcionar información sobre o grao de innovación e o carácter tecnolóxico da súa empresa / proxecto ligado ao sector comercio en fase temperá de desenvolvemento ou cun alto potencial de crecemento, así como da competencia existente no mercado.
  2. Memoria do proxecto:As empresas deberán facilitar unha memoria, cunha extensión máxima de 5 páxinas, na que se explique detalladamente o proxecto e os obxectivos que pretende alcanzar mediante a súa participación na aceleradora, sinalando o nivel de crecemento e/ou a rendibilidade que esperan obter.
  3. Perfil das persoas participantes:Presentación do equipo participante e da persoa delegada para a asistencia ao programa da aceleradora. Valorarase tanto a preparación técnica como a experiencia e a implicación para desenvolver o proxecto de aceleración.

A persoa delegada para a asistencia ao programa da aceleradora deberá presentar unha declaración de dispoñibilidade, non vinculante, para a asistencia ás accións formativas. A ausencia desta declaración supoñerá causa de exclusión da candidatura.

Os proxectos preseleccionados en base aos anteriores criterios serán convocados de forma electrónica para a realización dunha pequena entrevista telemática co fin de coñecer e avaliar en detalle o seu potencial de negocio, implicación e necesidades para abordalo.

Estas entrevistas serán realizadas por membros do equipo técnico de Smartpeme e do Comité de Selección.

Unha vez realizadas as entrevistas e realizado o informe final, reunirase o Comité de Avaliación para a selección dun máximo de 10 proxectos participantes no programa.

O equipo técnico poderá requirir ás persoas solicitantes, en calquera momento, información adicional relacionada coa súa candidatura. Se as persoas candidatas non atendesen os requisitos de información no prazo de 5 días, entenderase que desisten da súa solicitude.

Cada un dos criterios valorarase de 1 a 5, sendo 1 o mínimo e 5 o máximo. Ditas valoracións serán obxecto de discusión por parte do Comité de Avaliación.

En caso de empate entre candidaturas, a data de presentación de candidaturas será utilizada para  desempatar, dando prioridade á/ s candidatura/ s recibidas en primeiro lugar.

O Comité de Avaliación é o responsable da interpretación das presentes bases e da resolución de calquera discrepancia respecto a as mesmas ou ao proceso de selección.

Calquera aclaración respecto a as bases ou discrepancia debe ser remitida mediante correo electrónico á dirección info.smartpeme@depo.es.

O Comité de Avaliación está integrado por:

  • Titular: responsable do proxecto Smartpeme por parte da área de Novas Tecnoloxías da Deputación de Pontevedra.
  • Suplente: Persoa integrante do equipo de coordinación de Smartpeme.
  • Titular: Persoal asesor TIC do proxecto Smartpeme.
  • Suplente: Persoal asesor TIC do proxecto Smartpeme.

Como resultado das avaliacións realizadas, o Comité de Avaliación elaborará unha lista priorizada de proxectos/empresas seleccionados e unha lista de proxectos suplentes. A selección ou exclusión da candidatura será notificada de modo individual a cada persoa candidata e publicada na páxina web de Smartpeme.

As puntuacións outorgadas resultan definitivas, confidenciais e inapelables.

Prazo de presentación 

O prazo para a presentación de solicitudes comezará o luns 27 de abril e finalizará o venres 8 de maio ás 15:00 horas., non considerándose ningunha candidatura presentada fóra de prazo.

A solicitude unicamente pódese tramitar  online ata a data sinalada, estando durante este período dispoñible o formulario de solicitude na páxina web de Smartpeme  (https://smartpeme.depo.gal/).

Período lectivo 

As actividades do Programa de Aceleración executaranse entre o 25 de maio e o 30 de setembro, ambos os incluídos.

O número de sesións de  mentorización e a frecuencia e temáticas destas, axustarase ás necesidades de cada empresa e persoa mentora, podendo realizarse de maneira telemática debido á complexidade horaria coa que conta o sector.

Inscrición e documentación necesaria 

A aceleradora de empresas do sector comercio, na súa primeira edición, acollerá un máximo de 10 empresas que serán seleccionadas en base ao proceso de avaliación descrito anteriormente.

CLICA EN SOLICITA A TÚA PRAZA

Para máis información non dubides en contactar connosco:

Smartpeme Pontevedra

Edif.  Admin.  Deputación de Pontevedra

Av. Montero Ríos s/n

36071 – Pontevedra

Email: info.smartpeme@depo.es

Teléfono: 886 202 020

Toda a información proporcionada para a valoración de candidaturas será tratada de modo estritamente confidencial e utilizado exclusivamente para os propósitos para os que foi solicitada.

Normas xerais 

  • Para a presentación de candidaturas é obrigatoria a utilización do formulario.
  • Poderá presentar a súa solicitude toda persoa maior de idade que desenvolva o seu proxecto empresarial na provincia de Pontevedra.
  • Se o Proxecto xa está constituído como entidade xurídica, esta debe ter o seu domicilio social e principal centro de actividade na provincia de Pontevedra.
  • No caso de que o Proxecto non estea aínda constituído como entidade xurídica, o equipo promotor debe residir na provincia de Pontevedra.
  • Aquelas empresas seleccionadas para as dúas anteriores convocatorias do programa de aceleración do sector turístico non poderán optar a participar nesta nova edición de sector comercio, aínda que desexen inscribirse con outro proxecto diferente ao dos anteriores programas.
  • As persoas solicitantes serán responsables de que os datos proporcionados sexan correctos, veraces e completos.
  • A Deputación de Pontevedra poderá denegar o acceso á convocatoria se devanditos datos resultan ser falsos ou inexactos.
  • O medio de comunicación preferente durante o proceso de selección será o correo electrónico.
  • Todas as persoas solicitantes presentan as súas candidaturas baixo a súa única e exclusiva responsabilidade, garantindo que o contido destas non infrinxe ningún tipo de dereitos, en particular os de propiedade intelectual de terceiros.
  • Neste sentido, a Deputación e colaboradores, exímense de toda responsabilidade derivada de reclamacións de terceiras partes.

 

Back to top

Usamos cookies en nuestra Web para mejorar tu experiencia de usuario. Asumimos que estás de acuerdo pero tienes la opción de no aceptar cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar