FONDO DE PROXECTOS CULTURAIS XACOBEO 2021

Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo pola que se acorda darlles publicidade ás bases para presentar creacións culturais, bens ou servizos de consideración análoga, coa finalidade de configurar un fondo de contidos creativos de interese cultural e artístico, lingüístico e turístico denominado Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, e se anuncia a apertura do prazo para que as persoas físicas e xurídicas do sector cultural interesadas poidan presentar as súas iniciativas.

No marco do Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da COVID-19, Política Lingüística promove a creación dun repositorio de contidos creativos de interese cultural en lingua galega cos seguintes obxectivos:

  • Dinamizar a lingua propia de Galicia
  • Inxectar fondos e apoiar artistas, creadores e empresas do eido cultural no contexto da crise da COVID-19 para que ninguén quede fóra
  • Abrir unha vía para a continuidade, viabilidade e visibilidade da oferta e do consumo de propostas lingüísticas e culturais

Poden presentar as súas propostas ao Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 (Fondo X21):

  • Autónomos
  • Empresas privadas
  • Entidades culturais sen ánimo de lucro

Recibirán un apoio de ata 4.000 € no caso dos autónomos e de ata 10.000 € no caso das empresas e entidades culturais. Estas cantidades poderán financiar ata o 100% do proxecto.

Os produtos que integrarán este repositorio de contidos poden pertencer aos seguintes ámbitos:

  • Virtual (vídeos, música, películas, documentais, fotografías…)
  • Presencial (actuacións teatrais, musicais, exposicións…)
  • Outros servizos: materiais e produción

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de xullo de 2020.

Logo da resolución, o prazo de presentación dos proxectos rematará o 31 de decembro de 2020.

Documentos relacionados

Back to top

Usamos cookies en nuestra Web para mejorar tu experiencia de usuario. Asumimos que estás de acuerdo pero tienes la opción de no aceptar cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar