REANÚDASE O PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS PARA A OBTENCIÓN DOS PERMISOS DE CONDUCIÓN CLASES B E C

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca axudas para a obtención dos permisos de condución clases B e C por parte das persoas mozas residentes en Galicia, coa finalidade de mellorar a súa autonomía, mobilidade e a súa empregabilidade.

Contía:

O importe da axuda será de 400 euros para a obtención do permiso de condución de clase B e de 650 € para o permiso de clase C.
O importe da axuda será acumulativo no caso de que unha mesma persoa solicite axuda para a obtención de ambos permisos.
Xuventude fará anticipos de pagamento do oitenta por cento da axuda.

Requisitos das persoas solicitantes:
– Ter cumpridos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención do permiso de clase C.
– Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
– Estar inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e figurar como beneficiaria no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
– Estar matriculadas nunha autoescola da Comunidade Autónoma de Galicia no momento de presentar a solicitude ou ben ter o/s permiso/s para o/s que se solicita a axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2020 e a data de presentación da solicitude.

Obrigas das persoas beneficiarias:
– Obter o permiso de condución para o que se solicitou a axuda entre o 1 de xaneiro de 2020 e o 15 de outubro de 2020 e acreditalo.

As solicitudes presentaranse preferiblemente en https://sede.xunta.es co procedemento BS321A
prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 31 de xullo de 2020

Máis información no DOG do 9 de marzo de 2020

Consulta o folleto informativo

Onde te podes inscribir en Garantía Xuvenil?:
Centro Coordinador de información Xuvenil. R/Ramón Piñeiro 17-19. Santiago de Compostela
Espazos Xoves
Cámaras de Comercio
Oficinas Municipais de información Xuvenil

Temporalmente, mentres dure o estado de alarma podes inscribirte online: http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/18612-garantia-xuvenil

Back to top

Usamos cookies en nuestra Web para mejorar tu experiencia de usuario. Asumimos que estás de acuerdo pero tienes la opción de no aceptar cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar