PROXECTO DEPOFROITOS

Posta en marcha do programa “DepoFroitos”  desde a Deputación de Pontevedra que ten como obxectivo xeral impulsar as producións de froitos do bosque de calidade en terreos de cultivo abandonados con manexo ecolóxico .

Está destinado a persoas empregadas ou desempregadas inscritas como demandantes de emprego e  a través dunha experiencia innovadora de formación e acompañamento    coñeceremos as oportunidades de negocio que ofrece o emprendemento no sector dos froitos do bosque.

Profundarase especialmente en como emprender no sector dos froitos do bosque, fomentando a creación de ideas que promovan o desenvolvemento sustentable en zonas despoboadas e rurais, que ofrezan solucións creativas e innovadoras aos retos socio-ambientais actuais e opcións sustentables de usos e prácticas que melloren a relación do ser humano co planeta, así como facilitar a comercialización das producións e crear unha agrupación comercial de froitos do bosque

 Acción formativa: DepoFroitos, o cultivo de froitos do bosque ecolóxico.

 Obxectivos: Asesorar  ao alumnado para a posta en marcha dunha explotación de froitos do Bosque con manexo ecolóxico, informando sobre as posibles orientacións produtivas, tramitación de axudas e subvencións, fomentando novas vías de xestión e comercialización, mediante o emprego de  ferramentas en liña innovadoras..

 Modalidades:

Servicio de Asesoría de Plantacións de Froitos do Bosque

Accións de Innovación social sobre Emprendemento no sector Froitos do Bosque (10 horas a distancia).

Accións de Innovación social sobre Internacionalización  (10 horas a distancia).

Talleres Informativos

 

Ubicación Data Realización
Concello de Cuntis 2/03/2020
Concello A Estrada 4/03/2020
Concello de Silleda 6/03/2020
Concello de Ponteareas 9/03/2020
Concello de O Rosal 11/03/2020
Concello de Salceda de Caselas 13/03/2020
Concello de Marín 16/03/2020
Concello de Vilaboa 18/03/2020
Concello de Meaño 20/03/2020
Concello de A Cañiza 23/03/2020
Concello de Nigrán 25/03/2020
Concello de A Lama 27/03/2020

 

Podes obter máis información nos teléfonos 886 210 725  Ext. 40734 ou en depofroitos@depo.es.

Cartel_GAL

Diptico_GAL

Back to top

Usamos cookies en nuestra Web para mejorar tu experiencia de usuario. Asumimos que estás de acuerdo pero tienes la opción de no aceptar cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar