PROGRAMA LABORA 2020

Labora 2020 é un proxecto da Deputación de Pontevedra cofinanciado polo Fondo Social Europeo que pretende a posta en marcha de itinerarios integrados e personalizados para a mellora da formación e a empregabilidade das persoas desempregadas, respondendo a necesidades locais xeradoras de emprego nos sectores con maiores oportunidades de crecemento e creación de emprego.

OBXECTIVOS

  • Realizar 11 itinerarios integrados e personalizados de inserción laboral dirixidos á obtención de certificados de profesionalidade.
  • Atención a 855 persoas da provincia de Pontevedra a través de itinerarios personalizados para a mellora da súa formación e empregabilidade.

As persoas destinatarias dos itinerarios formativos do proxecto serán persoas desempregadas, inscritas como demandantes de emprego nos servizos públicos de emprego, que pertenzan a colectivos vulnerables. Considéranse vulnerables os seguintes colectivos:

  • Persoas desempregadas de longa duración (PLD)
  • Mozas e mozos menores de 30 anos non atendidos no Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEX)
  • Persoas maiores de 55 anos
  • Persoas con discapacidade
  • Inmigrantes
  • Minorías étnicas e comunidades marxinadas
  • Outros colectivos desfavorecidos: persoas que viven en fogares compostos dunha única persoa adulta con fillas ou fillos ao seu cargo; persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero, vítimas de discriminación por orixe racial ou étnico, orientación sexual e identidade de xénero; solicitantes de asilo; persoas con problemas de adicción; persoas reclusas e ex reclusas; persoas perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais; persoas con fracaso ou abandono escolar
  • Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos servizos sociais
  • Itinerarios integrados de inserción sociolaboral:
    • Orientación laboral e titorías individuais
    • Formación específica para a obtención de certificados de profesionalidade ou acreditación de competencias clave nivel 2
    • Práctica profesional titorizada correspondente á formación específica en contornos reais de traballo
    • Formación transversal en igualdade de oportunidades, igualdade de trato, non discriminación e loita contra a exclusión social. Desenvolvemento sostible, respecto e coidado do medio ambiente
    • Formación complementaria: busca de emprego, fomento do emprendemento e autoemprego
    • Axuda económica por día de asistencia ás accións formativas
  • Xornadas informativas de activación e intercambio de experiencias e boas prácticas

Os itinerarios levaranse a cabo durante os anos 2019, 2020 e 2021

A Guarda, Barro, Cambados, Cangas, Lalín, Mos, Moaña, O Grove, O Porriño, Ponteareas, Pontevedra, Soutomaior, Tomiño, Valga, Vigo e Vilagarcía de Arousa

O procedemento para a preinscrición rexerase segundo o establecido nas Bases de selección de persoas participantes no Proxecto Labora 2020, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, que serán publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

En calquera caso as persoas interesadas deberán:

  • Solicitar a formación correspondente na súa oficina do Servizo Público de Emprego (SPEG) ou no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria: http://emprego.xunta.gal coas súas claves de acceso.
  • Realizar a preinscrición segundo o modelo establecido no anexo I «Solicitude de participación», que estará dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal) e que se presentará preferentemente por vía electrónica.
    • Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNI-e)
    • Opcionalmente, aquelas persoas solicitantes poderán presentar de forma presencial a súa preinscrición, descargando o formulario dispoñible na sede electrónica, en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común

  Que é o proxecto Labora 2020? 

É un proxecto da Deputación de Pontevedra, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Social Europeo (FSE), dirixido a 855 persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego da provincia de Pontevedra para a mellora da súa formación e empregabilidade a través de itinerarios personalizados.

  Que me ofrece o proxecto Labora 2020? 

Participar en itinerarios integrados de inserción sociolaboral que incluirán:

  • Orientación laboral e titorías individuais
  • Formación específica para a obtención de certificados de profesionalidade ou acreditación de competencias clave nivel 2
  • Práctica profesional titorizada correspondente a formación específica en contornos reais de traballo
  • Formación transversal en igualdade de oportunidades, igualdade de trato, non discriminación e loita contra a exclusión social; desenvolvemento sostible, respecto e coidado do medio
  • Formación complementaria: procura de emprego, fomento do emprendemento e autoemprego

  A quen vai dirixido o proxecto Labora 2020? 

Ás persoas desempregadas que pertenzan a colectivos vulnerables, indicados como tal na convocatoria de 2018 de axudas do Fondo Social Europeo (FSE), previstas no Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación (POEFE), destinadas a entidades locais para a inserción das persoas máis vulnerables (AP-POEFE):

  • Persoas desempregadas de longa duración (PDL)
  • Mozas e mozos menores de 30 anos non atendidos no Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEX)
  • Persoas maiores de 55 anos
  • Persoas con certificado de discapacidade
  • Persoas inmigrantes
  • Minorías étnicas e comunidades marxinadas
  • Outros colectivos desfavorecidos: persoas que viven en fogares compostos por unha única persoa adulta con fillas ou fillos ao seu cargo; persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero, vítimas de discriminación por orixe racial ou étnica, orientación sexual e identidade de xénero; solicitantes de asilo; persoas con problemas de adicción; persoas reclusas e exreclusas; persoas perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais; persoas con fracaso ou abandono escolar
  • Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos servizos sociais

  Como me podo preinscribir? 

  • Solicitando a formación correspondente na túa oficina do Servizo Público de Emprego (SPEG) ou no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://emprego.xunta.gal) coas túas claves de acceso
  • Realizando a preinscrición, segundo o modelo establecido no anexo I «Solicitude de participación», que estará dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal) e que se presentará preferentemente por vía electrónica
    • Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe)
    • Opcionalmente, aquelas persoas solicitantes non obrigadas á presentación electrónica poderán preinscribirse de forma presencial, descargando o formulario dispoñible na sede electrónica, en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común

  Cando me podo preinscribir? 

As solicitudes de preinscrición poderán presentarse respectando os prazos indicados na páxina web (http://depo.gal/labora-2020) para cada acción formativa.

  Existe algunha axuda económica por participar neste programa? 

O proxecto Labora 2020 conta cunha axuda económica para as persoas formadas que cubre os gastos de asistencia á formación, transporte, manutención, aloxamento e conciliación co coidado de familiares. Este importe é de 13,45 € (por persoa e día de asistencia) e aboarase logo de comprobar a asistencia á formación.

Esta axuda está condicionada á asistencia. As ausencias non poderán superar o 10 % do total da acción formativa; no caso de superar esa porcentaxe deberase devolver todo o importe percibido.

  Estou cobrando unha prestación social (RISGA), teño dereito á axuda por participación? 

As axudas percibidas por prestacións sociais públicas ou de asistencia social serán compatibles coa axuda económica. Este requisito comprobarase ao inicio da acción formativa.

  Teño dereito á axuda económica se estou cobrando prestacións ou subsidios por desemprego? 

Terás dereito á axuda económica dependendo da contía da prestación ou subsidio que esteas a percibir.

Terás dereito a recibir a axuda económica se careces de rendas ou ingresos de calquera natureza, iguais ou superiores en cómputo mensual ao 75 % do Indicador Público de Rendas de Efectos Múltiples (IPREM).

  É necesario cumprir algún requisito formativo/educativo para realizar esta formación? 

Para realizar a formación en Competencias Clave non é necesario cumprir ningún requisito formativo/educativo.

O resto dos itinerarios formativos están asociados á obtención do certificado de profesionalidade correspondente, polo que o alumnado deberá acreditar os requisitos esixidos no artigo 4 do R. d. 34/2008, de 18 de xaneiro, polo que se regulan os certificados de profesionalidade:

  • Nivel 1: sen requisitos formativos nin profesionais
  • Nivel 2: estar en posesión do título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria. Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certificado de profesionalidade ao que desexa acceder. Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional. Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio, ou ben ter superado as correspondentes probas de acceso convocadas polas administracións educativas. Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou 45 anos. Ter o certificado de apta ou apto nas competencias necesarias para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación correspondente.
  • Nivel 3: estar en posesión do título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria. Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certificado de profesionalidade ao que desexa acceder. Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional. Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio, ou ben ter superado as correspondentes probas de acceso convocadas polas administracións educativas. Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou 45 anos. Ter o certificado de apta ou apto nas competencias necesarias para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación correspondente.

  Esta formación ten certificación oficial? 

O Instituto Galego das Cualificacións da Xunta de Galicia será o que expida a acreditación do correspondente certificado de profesionalidade, sempre que se cumpran os requisitos formativos/educativos esixidos no certificado con anterioridade ao inicio da acción formativa e se superen todos os módulos correspondentes á formación específica e á realización das prácticas profesionais. A formación que se impartirá en cada un dos itinerarios do proxecto está asociada á obtención do certificado de profesionalidade correspondente ou á obtención de Competencias Clave do Nivel 2.

  Que accións formativas podo realizar?  

Accións formativas Localidades Nivel
Inicio: a partir de outubro de 2019
Competencias Clave do Nivel 2 (Lingua Galega, Lingua Castelá e Matemáticas) Cangas, Lalín, Pontevedra (2), O Porriño, Vigo (2) e Vilagarcía de Arousa N/A
Actividades Auxiliares de Almacén Barro, Cambados, Lalín e O Porriño Nivel 1
Actividades Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes Tomiño (2) Nivel 1
Limpeza de Superficies e Mobiliario en Edificios e Locais O Grove, Ponteareas e Vigo Nivel 1
Operacións Básicas de Restaurante e Bar Cambados, Soutomaior e Vigo (2) Nivel 1
Dinamización de Actividades de Tempo de Lecer, Educativo, Infantil e Xuvenil O Grove, Pontevedra (2) e Vigo (2) Nivel 2
Socorrismo en Instalacións Acuáticas Pontevedra y Vigo Nivel 2
Inicio: a partir de 2020
Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais Cambados, Lalín, Moaña, Mos, Pontevedra (2) e Vigo (2) Nivel 2
Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio Mos, O Porriño, Pontevedra (2), Valga, Vigo (3) Nivel 2
Xestión de Chamadas de Teleasistencia Cangas, Pontevedra (2) e Vigo (2) Nivel 2
Docencia da Formación Profesional para o Emprego A Guarda , Cangas, Lalín, Pontevedra (2), Vigo (2) e Vilagarcía de Arousa Nivel 3

  Podo ter ausencias durante a formación? 

A asistencia é obrigatoria; as horas de ausencias non poden superar o 10 % das horas totais do itinerario.

  Que sucede se as ausencias superan o 10 % das horas totais do itinerario? 

As persoas beneficiarias que teñan faltas de asistencia superiores ao 10 % das horas totais do itinerario ou abandonen a formación deberán devolver o importe da axuda percibida.

As ausencias superiores ao 25 % das horas da formación teórica suporán a baixa na formación.

  É obrigatorio asistir á formación transversal? 

A formación transversal en igualdade, desenvolvemento sostible, busca de emprego, fomento do emprendemento e autoemprego é obrigatoria para todas as persoas participantes, xa que forma parte dos itinerarios formativos.

  É compatible ter un emprego coa formación? 

As persoas beneficiarias que obteñan un contrato de traballo temporal a tempo parcial durante o período formativo non causarán baixa no itinerario sempre que poidan compatibilizar o traballo co horario do programa formativo.

  É compatible participar no proxecto Labora 2020 e recibir outra formación? 

O proxecto Labora 2020 é compatible con outra formación sempre que o horario o permita. Haberá que ter en conta outras incompatibilidades coma a participación en programas de formación subvencionada ou programas de políticas activas de emprego.

Máis información

 

Itinerarios formativos

Os itinerarios  a desenvolver dentro do proxecto Labora 2020 son os seguintes:

 

ITINERARIOS FORMATIVOS

 

PARTICIPANTES

Competencias clave N2 (galego, lingua e matemáticas)+ formación complementaria +formación transversal+ titorias. 120
Nivel 1
Actividades auxiliares de almacén+ formación complementaria + formación transversal+ prácticas non laborais+ titorias. 60
Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes+ formación complementaria +formación transversal+ prácticas non laborais+ titorias.  

30

Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais +formación

 

complementaria+formación transversal+ prácticas non laborais+ titorias.

45
Operacións básicas de restaurante bar+ formación complementaria+ formación transversal +prácticas non laborais+ titorias. 60
Nivel2
Atención sociosanitaria a persoas no domicilio. +formación complementaria+ formación transversal+ prácticas non laborais+ titorias . 120
Atención sociosanitaria  a persoas dependentes en institucións sociais + formación complementaria+ formación transversal+ prácticas non laborais+ titorias.  

 

120

Dinamización de actividades de tempo libre educativo, infantil e xuvenil+ formación complementaria+ formación transversal+ prácticas non laborais+ titorias.  

 

75

Socorrismo en instalacións acuáticas+ formación complementaria + formación transversal+ prácticas non laborais+ titorias. 30
Xestión de chamadas de teleasistencia +formación complementaria + formación transversal+ prácticas non laborais+ titorias. 75
Nivel3
Docencia da formación profesional para o emprego +formación

 

complementaria+ formación transversal+ prácticas non laborais+ titorias.

120

 

Primeira edición formativa

Os itinerarios  formativos  terán  diferentes   edicións.   A   primeira   edición   desenvolveranse aproximadamente a partir do mes de novembro de 2019 e serán as seguintes:

ESPECIALIDADE FORMATIVA LOCALIDADE DURACIÓN
 

 

 

 

FCOV22 FCOV23 FCOVXX01

Competencias clave N2

 

 

Castelán Matemáticas Galego

Cangas  

 

 

 

 

292h

Lalín
Pontevedra (2 edicións)
Porriño
Vilagarcía
Vigo (2 edicións)
COML0110 Actividades auxiliares de almacén Nivel: 1 Barro  

 

 

 

242h

Cambados
O Porriño
Lalín
AGAR0309 Actividades auxiliares en conservación e mellara de montes

Nivel:1

Tomiño

 

(2 edicións)

 

 

302h

HOTR0208 Operacións básicas de restaurante bar Nivel: 1 Cambados  

 

 

 

352h

 

Soutomaior

Vigo (2 edicións)
SSCM0108 Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais

Nivel:1

O Grove  

 

262h

Pontea reas
Vigo
SSCB0209 Dinamización de actividades de tempo libre educativo, infantil e xuvenil

Nivel: 2

O Grove  

 

342h

Pontevedra (2

 

edicións)

Vigo (2 edicións)
AFDP0109 Socorrismo en instalacións acuáticas Nivel: 2 Pontevedra  

 

402h

Vigo

Back to top

Usamos cookies en nuestra Web para mejorar tu experiencia de usuario. Asumimos que estás de acuerdo pero tienes la opción de no aceptar cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar