PROGRAMA APROL ECONOMIA SOCIAL 2020

 

IMPORTANTE: A información que se ofrece neste documento é un resumo que non substitúe a orde de bases reguladoras. Antes de presentar a solicitude de subvención debe consultar a orde na súa versión íntegra

NORMAS XERAIS E CONVOCATORIA

NORMATIVA REGULADORA

Orde do 5 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-economía social), e se convocan para o ano 2020 (DOG núm. 6, do 10.01.2020).

FINALIDADE

Fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais a través de 2 programas de axudas:

– PROGRAMA I: Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais.

– PROGRAMA II: Fomento do acceso á condición de persoa socia.

BENEFICIARIAS

Esta convocatoria diríxese a:

a) Cooperativas e sociedades laborais para as actuacións previstas no programa I.

b) Persoas desempregadas, socias ou traballadoras de cooperativas ou sociedades laborais ou doutras empresas que se transformen nestas, para as actuacións previstas no programa II.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

PROGRAMA I (procedemento TR802G)

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

PROGRAMA II (procedemento TR802J)

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta. gal. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes de forma presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Desde o día seguinte ao da publicación da orde no DOG e ata o 30 de setembro de 2020

Maís información: FOLLETOAPROLECONOMiASOCIA_2020

 

Back to top

Usamos cookies en nuestra Web para mejorar tu experiencia de usuario. Asumimos que estás de acuerdo pero tienes la opción de no aceptar cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar