PREMIOS COMERCIO GALEGO 2019

Aberto o prazo para os Premios Comercio Galego 2019

A Xunta ven de publicar a nova edición dos Premios Comercio Galego para este ano 2019.

Dende a Consellería de Economía, Emprego e Industria  estase a impulsar a un sector comercial forte e capaz de adaptarse ás novas tendencias. En liña co Plan de impulso ao comercio galego 2015‑2020, un dos principais retos refírese ao establecemento dun novo modelo de comercio intelixente que sitúe o cliente no centro da súa estratexia aproveitando todos os recursos á súa disposición.

As novas fórmulas de comercio, tanto a través das ferrramentas tecnolóxicas ou en lixa, como a través de espazos e tendas máis adaptadas ás necesidades actuais dunha poboación cada vez máis esixente, son imprescindibles para que o comercio sega a consolidar a súa presenza social e económica en Galicia, asumindo o reto de acadar un comercio «intelixente».

Así, con estes premios a Xunta de Galicia busca recoñecer e valorar o labor dos comercios tradicionais na innovación do comercio a través da evolución tecnolóxica, e así visualizar a excelencia e a importancia dos comercios galegos nas novas estratexias comerciais, distinguindo aqueles que apostan por situar ao cliente no centro da súa estratexia, aproveintando gtodos os recursos á súa disposición para achegarlle unha mellor oferta.

Os Premios Comercio Galego distinguirán aos establecementos que executan, a nivel provincial e autonómico, a súa xestión comercial mediante accións innovadoras que comporten unha clara diferenciación, unha mellora na fidelización e a personalización do servizo e do produto, para o cal se valorarán a transformación dixital, os servizos engadidos á propia oferta comercial, accións promocionais especiais e utilización de ferramentas tales como a web, o teléfono e as redes sociais como canles de comunicación e venda, e a integración entre as canles en liña e sen conexión.

En concreto, os premios Comercio Galego 2019, contan coas seguintes modalidades:

  • Premio Comercio de Galicia, cunha contía de 9.000 euros.
  • Premio Comercio Provincial, cunha contía de 4.000 euros.
  • Premio Iniciativa Dixital para asociacións de comerciantes, cunha contía de 2.000 euros.

O prazo abrese o 25 de setembro e pecharase o vindeiro 24 de outubro, realizando a súa presentación preferentemente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (a continuación se presentan os distintos enlaces para consultar as bases, a ficha explicativa na sede electrónica e o propio acceso aos formularios para a súa presentación a través da sede electrónica), e poderán optar aos premios do comercio galego os comerciantes retallistas que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade.

Publicación DOG

Ficha informativa na sede electrónica

Presentación candidatura

 

Back to top

Usamos cookies en nuestra Web para mejorar tu experiencia de usuario. Asumimos que estás de acuerdo pero tienes la opción de no aceptar cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar