PLAN RENOVE DE ELECTRODOMÉSTICOS E DOMÓTICA ENERXÉTICA ANO 2020

A continuación, descríbense brevemente as características principais desta liña de axudas en réxime de concorrencia non competitiva, aínda que a información que se considerará oficial para tódolos efectos será a publicada Resolución do 28 de abril de 2020 da Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos e a implantación de domótica enerxética, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede a convocatoria para a anualidade 2020 (códigos de procedemento IN414B, IN414C)  (DOG de 25 de maio de 2020).

SOLICITUDE

Prazo solicitude de adhesión de entidades colaboradoras: desde as 9:00 h do 26 de maio de 2020 ao 30 de xullo de 2020 (artigo 4.4).

Inicio prazo de solicitude axudas: 9:00 h do 1 de xullo de 2020 para Actuación 1 e 9:00 h do 2 de xullo  para a Actuación 2 (artigo 4.5)

Finalización  prazo de solicitude: 30 de setembro de 2020 ou ata esgotar fondos.

Para consultar información sobre o consumo dos electrodomésticos prema o seguinte enlace.

CONCEPTOS OBXECTO DA SUBVENCIÓN

As actuacións que se subvencionan son a renovación de electrodomésticos e a incorporación de domótica enerxética en vivendas sitas na Comunidade autónoma de Galicia que cumpran os seguintes requisitos:

  1. Actuación 1: Plan renove de Electrodomésticos

Son subvencionables a renovación de electrodomésticos das tipoloxías indicadas na seguinte táboa por outros novos da mesma tipoloxía e con etiqueta de clasificación enerxética A+++, no caso das encimeras, é subvencionable a substitución da encimera preexistente de calquera tecnoloxía por outra nova de indución total. Para acceder a subvención hai que entregar o electrodoméstico retirado a un xestor autorizado.

Electrodomésticos subvencionables
Frigorífico e frigorífico – conxelador con clasificación enerxética A+++
Conxelador con clasificación enerxética A+++
Lavadora A+++
Lavalouza A+++
Encimeras de inducción total

  1. Actuación 2: Instalacións domóticas enerxéticas

Son subvencionables as novas instalacións de elementos domóticos enerxéticos citados na seguinte táboa e a adaptación das instalacións existentes para a súa integración efectiva:

Instalacións domóticas subvencionables
Monitorización térmica da vivenda (sensores de humidade, temperatura, CO2 e/ou radón e termostatos comunicados cun equipo centralizado)
Monitorización eléctrica da vivenda (medidores de consumo, racionalizadores de potencia, actuadores para a programación de acendidos, fotocélulas comunicados cun equipo centralizado)

 

BENEFICIARIOS

Poderán ser beneficiarios das subvencións as persoas físicas que realicen algunha das actuacións subvencionables nunha vivenda sita na Comunidade Autónoma de Galicia. Para ser beneficiario terá que tramitar a súa solicitude a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas que figuren no listado que se publique na páxina web do Inega, www.inega.gal.

PERÍODO DE ACTUACIÓNS OBXECTO DA SUBVENCIÓN.

A adquisición e instalación dos equipos  debe realizarse con posterioridade a entrada en vigor do presente Plan. A data límite para executar o proxecto e presentar a solicitude de pagamento ca documentación xustificativa dos investimentos é de 60 días naturais contados desde o día seguinte á presentación da solicitude coa data límite do 30 de setembro de 2020.

CONTÍA DA AXUDA

Actuación 1: Electrodomésticos subvencionables:

A cantidade da subvención non poderá ser superior ao 25% do prezo do electrodoméstico para un consumidor xeral, do 50 % para consumidores vulnerables e do 75 % para consumidores vulnerables severos.

Considéranse consumidores vulnerables e vulnerables severos os que cumpran os requisitos establecidos no Real Decreto 897/2017, de 6 de outubro, polo que se regula a figura do consumidor vulnerable, o bono social e outras medidas de protección para os consumidores domésticos de enerxía eléctrica e sexan beneficiarios do bono social eléctrico (desconto do 25 % para consumidores vulnerables e de 40 % para consumidores vulnerables severos) o que deberá acreditarse mediante a presentación dunha factura de enerxía eléctrica cunha antigüidade máxima de 3 meses.

Na seguinte táboa establecese a axuda máxima por electrodoméstico en función da súa tipoloxía.

Electrodomésticos subvencionables Axuda máxima (€/electrodoméstico)
Consumidor Xeral Consumidor Vulnerable Consumidor Vulnerable Severo
Frigorífico e frigorífico – conxelador con clasificación enerxética A+++ 150

 

300

 

450

 

Conxelador con clasificación enerxética A+++
Lavadora A+++ 100 200 300
Lavalouza A+++
Encimera de indución total

Un beneficiario só poderá recibir axuda pola substitución dun único electrodoméstico de cada unha das tipoloxías de equipos incluídos e cun máximo de dous electrodomésticos por beneficiario.

Actuación 2: Instalacións domóticas enerxéticas

Na seguinte táboa establecese a axuda máxima por instalación domótica en función da súa tipoloxía. Un beneficiario só poderá recibir axuda de domótica enerxética para unha vivenda.

Actuación 2: Instalacións domóticas subvencionados Axuda máxima (€/equipamento)

Monitorización térmica da vivenda (sensores de humidade, temperatura, CO2 e/ou radón e termostatos comunicados cun equipo centralizado)

500
Monitorización eléctrica da vivenda (medidores de consumo, racionalizadores de potencia, actuadores para a programación de acendidos, fotocélulas comunicados cun equipo centralizado) 500

A cantidade da subvención non poderá ser superior ao 50 % do prezo da instalación, porcentaxe que se sube ata o 65 % para consumidores vulnerables e ata o 80 % para consumidores vulnerables severos.

SOLICITUDE DE ADHESIÓN DE ENTIDADES COLABORADORAS

O prazo de solicitude de adhesión de entidades colaboradoras é dende o 26 de maio ata o 30 de xullo de 2020 (artigo 4.4)

Para a Actuación 1: Poderán ser entidades colaboradoras todos aqueles establecementos comerciais que se dediquen de forma total ou parcial á venta de electrodomésticos e, particularmente, aqueles cuxa actividade se enmarque nun ou varios dos epígrafes seguintes correspondentes ás tarifas do Imposto sobre Actividades Económicas, aprobado por Real Decreto Lexislativo 1175/1990, de 28 de setembro:

  • Epígrafe 653.2.- 2 Comercio polo miúdo de material e aparatos eléctricos, electrónicos, electrodomésticos.
  • Epígrafe 661.1.- Comercio en grandes almacenes.
  • Epígrafe 661.2.- Comercio en hipermercados.
  • Epígrafe 662.1.- Comercio polo miúdo de toda clase de artigos en economatos e cooperativas de consumo.
  • Epígrafe 662.2.- Comercio polo miúdo de toda clase de artigos, en establecementos distintos dos especificados  no Grupo 661 e no epígrafe 662.1.

Para a Actuación 2 – as empresas con actividade de instalación de baixa tensión, de instalacións térmicas ou empresas provedoras de solucións tecnolóxicas indistintamente. Será necesario que estas empresas estean dadas de alta na Consellería de Economía, Emprego e Industria como empresas con actividade de instalación de baixa tensión (procedemento IN609A), como empresas de instalacións térmicas en edificios (código de procedemento IN609E) ou presentar un CNAE 2009 (ou Imposto de actividades económicas – IAE) relacionado coas solucións tecnolóxicas.

PROCESO DE SOLICITUDE DE ADHESIÓN DAS ENTIDADES COLABORADORAS

  1. A primeira vez que a entidade colaboradora acceda á aplicación asignaráselle un usuario e un Este usuario e contrasinal serán os válidos para consultar o estado da solicitude de adhesión, para cubrir as solicitudes de axuda e para ver o seu estado.
  2. A entidade colaboradora deberá acceder á aplicación informática dispoñible na páxina web do Inega (http://www.inega.gal) ou accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) para cubrir a solicitude de adhesión (Anexo II) e o Convenio de colaboración (Anexo III).

Unha vez xerada a solicitude normalizada deberá presentala  por vía electrónica.

Se a documentación presentada está completa, formalizarase a adhesión da entidade colaboradora. No caso de detectarse algunha deficiencia, procederase ao envío dun requirimento de emenda, suspendéndose a formalización da adhesión da entidade colaboradora ata que complete a totalidade da documentación.

 PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE DE AXUDA

O prazo de presentación de solicitudes comeza  ás 9:00 h do día 1 de xullo de 2020 para Actuación 1 e ás 9:00 h do día 2 de xullo de 2020 para Actuación 2 e finaliza o 30 de setembro de 2020.

A concesión das axudas realizarase en réxime de concorrencia non competitiva, asignando os fondos por orde de entrada no rexistro.

PROCEDEMENTO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE AXUDA

Só poderán presentar solicitudes as entidades colaboradoras adheridas. A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, www.inega.gal.

Para poder presentar a solicitude deberase achegar, conxuntamente coa mesma, copia dixitalizada da autorización para a representación, conforme ao modelo do Anexo V.

O solicitante ou representante legal deberá posuír un DNI electrónico ou calquera outro certificado dixital en vigor.

Unha vez presentada a solicitude e reservados os fondos, a axuda considerarase pre-concedida e poderase proceder á súa execución e, posteriormente, a presentar a solicitude de pagamento.

DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA SOLICITUDE

– Declaración de outorgamento de representación (Anexo V).

– Memoria técnica domótica enerxética.

SOLICITUDE DE PAGAMENTO

Unha vez feita a reserva de fondos e executada a actuación, poderá solicitar o pagamento da axuda cumprimentando e presentando a través da aplicación informática  o Anexo VI de solicitude de pagamento acompañado da seguinte documentación dixitalizada:

  1. Para a Actuación 1: Plan renove de electrodomésticos
  • Copia da etiqueta enerxética do electrodoméstico adquirido ou no seu caso, documentación técnica que xustifique que a encimera adquirida é de indución total.
  • Copia da factura xustificativa da actuación na que conste o desconto do presente Plan. A factura deberá estar asinada e selada pola entidade colaboradora e polo beneficiario da axuda, coa lenda      “pagado” para que quede constancia deste feito. Cando o importe a pagar sexa superior a 1.000 euros terase que xustificar o pagamento.
  • Copia do certificado de retirada do electrodoméstico antigo por un xestor autorizado
  • No caso de consumidores vulnerables deberase aportar copia dunha factura de enerxía eléctrica cunha antigüidade máxima de 3 meses.
  1. Para a Actuación 2: Domótica enerxética
  • Copia da factura xustificativa da actuación na que conste o desconto do presente Plan. A factura deberá estar asinada e selada pola entidade colaboradora e polo beneficiario da axuda, coa lenda “pagado” para que quede constancia deste feito. Cando o importe a pagar sexa superior a 1.000 euros terase que xustificar o pagamento.
  • Memoria técnica da actuación realizada conforme ao modelo dispoñible na   páxina web www.inega.gal.
  • No caso de consumidores vulnerables deberase aportar copia dunha factura de enerxía eléctrica cunha antigüidade máxima de 3 meses.

REQUIRIMENTOS DE EMENDA

Segundo o artigo 17 da convocatoria, calquera notificación realizarase a través de medios electrónicos mediante o sistema de notificación electrónica de Galicia- Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), no apartado Notificacións electrónicas.

Este sistema remitirá as persoas interesadas avisos da posta a disposición das notificacións a súa conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

Todos os trámites administrativos (presentación da solicitude, presentación da documentación requirida…) que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente a través da aplicación informática habilitada para estas axudas, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) ou da páxina web do Inega (www.inega.gal).

ACCESO Á APLICACIÓN INFORMÁTICA

Acceso á aplicación de cumprimentación e presentación de solicitudes de adhesión. Habilitarase o martes 26 de maio ás 09:00h.

MÁIS INFORMACIÓN

Para información PRESENCIAL aos interesados deberase concertar cita previa no teléfono: 981 541 500.

Back to top

Usamos cookies en nuestra Web para mejorar tu experiencia de usuario. Asumimos que estás de acuerdo pero tienes la opción de no aceptar cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar