OBRADOIROS FABLAB NO COWORKING DE BARRO DE DESEÑO 3D, DOMÓTICA E ROBÓTICA

A Deputación de Pontevedra desenvolverá ata o mes de novembro as seis accións formativas da cuarta edición dos obradoiros FabLab, o laboratorio de fabricación dixital que a institución provincial impulsa no espazo de coworking do polígono de Barro. A inscrición para estes obradoiros está aberta ata o momento do inicio de cada curso.

Esta semana desenvólvense os obradoiros Deseño 3D con Ferramentas Libres e Impresión 3D I, que terá lugar este martes 15 de outubro, e Deseño 3D con Ferramentas Libres e Impresión 3D II, o mércores 16 de outubro. O día 29 de outubro terá lugar o curso Deseño 3D con Ferramentas Libres e Impresión 3D III, co mesmo horario e, o día 30 de outubro, desenvolverase Domótica e Robótica I.

No mes de novembro, as accións serán Domótica e Robótica II, o día 12, e Domótica e Robótica III, o día 13. En todos os casos, os cursos estarán impartidos por Fernando Coladas Rodríguez e desenvolveranse en horario de tarde, de 16.30 a 19.30 horas.

Todos os obradoiros teñen capacidade para un máximo de quince persoas, xa que son os espazos de traballo dispoñibles. O acceso é libre e soamente se require inscrición previa a través da páxina web da Deputación, a través do enlace https://www.depo.gal/coworking-en-pontevedra/obradoiros-fab-lab-4-edicion, ou nos correos electrónicos cwpontevedra@eoi.es. e cooperación@depo.es.

O espazo Depo FabLab busca converterse nun punto de referencia na provincia de Pontevedra para as persoas emprendedoras, buscando atraer proxectos de corte innovador e tecnolóxico. É un espazo no que se favorece a aprendizaxe teórica e práctica sobre as últimas ferramentas tecnolóxicas en canto a dixitalización, impresión ou robótica. Para dar cabida ás últimas tecnoloxías, o FabLab conta con impresoras 3D, escáneres 3D, kits de Arduino, fresadora de madeira, soldadores de electrónica, material electrónico diverso, ferramentas e ordenadores de sobremesa con gran capacidade de procesamento e almacenamento. Ademais, para poder levar a cabo labores experimentais no eido da electrónica e programación, dispón tamén dun gran número de circuítos integrados (Shield) que permiten conectividade wi-fi, Bluetooth, GPS, 3G, NFIC e de sensores de son, temperatura, cor, distancia, presión e humidade.

Back to top

Usamos cookies en nuestra Web para mejorar tu experiencia de usuario. Asumimos que estás de acuerdo pero tienes la opción de no aceptar cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar