MEDIDAS URXENTES DE EMPREGO GALICIA PARA MINIMIZAR O IMPACTO DO COVID-19

INFORMACION DO SERVIZO PUBLICO DE EMPREGO

Como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19 as oficinas de emprego pechan ao público pero ofrecerán á cidadanía atención telefónica e telemática para os trámites urxentes.

Para iso, Emprego Galicia, en coordinación co Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE), adoptou as seguintes medidas:

  • NON será necesario renovar a demanda de emprego ata o 30 de abril de 2020.
  • Se o que necesitas é solicitar unha prestación ou subsidio, contacta antes coa Oficina de Prestacións dependente do SEPE, independentemente da situación da túa demanda de emprego. Consulta aquí os datos de contacto:

Buscador oficinas SEPE

  • Se tes que realizar algún trámite urxente na túa demanda de emprego ou solicitar un certificado ou un informe, poderás realizalo a través da Oficina virtual (reactivación da demanda de emprego en determinados casos, solicitude de servizos, ofertas de emprego, …) ou poñéndote en contacto coa túa oficina de emprego telefonicamente ou a través dun correo electrónico. Consulta aquí os datos de contacto:

 

Buscador oficinas

 

  • NON se dará de baixa ás persoas estranxeiras que teñan pendente a renovación dunha autorizacicón administrativa ou estean pendentes de presentear algunha documentación xustificativa.
  • Quedan suspendidas as citas presenciais de orientación laboral.
  • Quedan aprazadas, mentres dure a suspensión das actividades educativas, as accións de formación profesional para o emprego xestionadas ou financiadas pola Xunta de Galicia, os obradoiros de emprego e os programas integrados de emprego.

Ademais, cómpre que teñas en conta que, no que se refire ás Oficinas de Prestacións dependentes do SEPE:

  • NON se terán en conta os prazos actualmente establecidos para solicitar a prestación ou subsidio. É dicir, o teu dereito á prestación ou subsidio queda plenamente asegurado sen ter que cumprir o prazo habitual para solicitalos.
  • Habilitaranse canles para a recuperación da demanda daquelas persoas inscritas con anterioridade ou para facilitar, no seu caso, a inscrición inicial.
  • NON se esixirá a acreditación da busca activa de emprego (BAE) na solicitude do subsidio extraordinario ou renda activa de inserción.

Podes consultar outras medidas do SEPE no seguinte enlace:

Portal web do SEPE

En calquera caso, desde Emprego Galicia iremos actualizando toda esta información á medida que se desenvolva esta situación de emerxencia.

Podes consultar toda a información e recomendaciones sobre o COVID-19 na páxina web específica habilitada polo SERGAS en relación co coronavirus:

 

Portal do SERGAS sobre o coronavirus

 

Back to top

Usamos cookies en nuestra Web para mejorar tu experiencia de usuario. Asumimos que estás de acuerdo pero tienes la opción de no aceptar cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar