AXUDAS LEADER CONVOCATORIA 2020/21

O PRAZO DE SOLICITUDE DAS AXUDAS LEADER, PARA A NOVA CONVOCATORIA 2020/21 REMATARÁ O 31 DE XANEIRO DE 2020

O Diario Oficial de Galicia (DOG) ven de publicar a  NOVA CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS 2020/21 para a execución de proxectos da medida Leader do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

Trátase das achegas ás que pode optar calquera persoa ou entidade a través dos Grupos de Desenvolvemento Rural do territorio galego para desenvolver proxectos que dinamicen as súas contornas, ben sexan de carácter produtivo ou non.

Nesta ocasión, CONCORRERÁN A ESTA CONVOCATORIA AQUELAS SOLICITUDES PRESENTADAS ATA O 31 DE XANEIRO DE 2020. As solicitudes de axuda para proxectos dos concellos das comarcas de Pontevedra e O Morrazo, dirixiranse ao GDR  Pontevedra Morrazo e presentaranse a través da Sede Eléctronica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), no formulario e coa documentación prevista nas bases reguladoras desta convocatoria.

Serán subvencionables proxectos de natureza produtiva que supoñan a realización dunha actividade económica con fins lucrativos e tamén proxectos de natureza non produtiva, consistentes na realización dunha actividade que sexa de interese público ou colectivo.

A concesión das axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

Conv._subv._anualidades_2020_202

1Novas_Bases_reguladoras_2014_2020

Back to top

Usamos cookies en nuestra Web para mejorar tu experiencia de usuario. Asumimos que estás de acuerdo pero tienes la opción de no aceptar cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar