AXUDAS EN MATERIA DE VIVENDA

AXUDAS PARA CONTRIBUIR A MINIMIZAR O IMPACTO ECONÓMICO E SOCIAL DO COVID-19 NOS ALUGUEIROS DE VIVENDA HABITUAL.

O Diario Oficial de Galicia do 22 de maio publicou a Resolución pola que se convocan axudas ao alugueiro destinadas a persoas en situación de vulnerabilidade como consecuencia da pandemia da covid-19, que se poderán solicitar dende o luns 25 de maio e ata o 30 de setembro de 2020.

Os beneficiarios destas axudas recibirán ata 500 euros ao mes durante o período que se acredite estar en situación de vulnerabilidade, co límite máximo de seis meses, que non poderá ir máis aló de decembro de 2020. O importe da axuda non poderá superar o custe da renda mensual establecida no contrato de alugueiro e poderá concederse con efectos retroactivos dende o pasado mes de abril.

No caso de que o beneficiario da axuda obtivese un préstamo ICO para o pago do alugueiro, ao amparo das ás axudas transitorias de financiamento, a axuda destinarase á amortización de dito préstamo. No resto dos casos será pagada directamente polo IGVS ao propietario da vivenda.

BENEFICIARIOS

Poderán beneficiarse destas axudas ao alugueiro as persoas titulares dun contrato de alugueiro de vivenda habitual que se atopen en situación de vulnerabilidade a consecuencia de estar en situación de desemprego, ERTE ou redución de xornada como consecuencia da covid-19. Estas circunstancias deberán ter causado unha redución substancial de ingresos ao mesmo tempo que o custe do alugueiro e os subministros básicos da vivenda supoñan unha parte importante de ditos ingresos.

Considéranse en situación de vulnerabilidade, sempre que a causa sexa a covid-19 a:

  • Traballadores en situación de desemprego
  • Traballadores sometidos a Expediente de Regulación de Emprego. (ERTE)
  • Empresarios ou profesionais sometidos a redución de xornada por motivo de coidados ou circunstancias similares que supoñan una perda substancial de ingresos.

Como consecuencia deberá ter rexistrado unha redución substancial dos seus ingresos, de maneira que os ingresos conxuntos de todos os membros da unidade familiar non superen, con carácter xeral, 3 veces o Iprem, é dicir, 1.613,52 euros ao mes.

No caso de que algún membro da unidade familiar teña unha discapacidade igual ou superior ao 33 por cento, estea en situación de dependencia ou padeza unha enfermidade que incapacite para o traballo o límite máximo de ingresos será de 4 veces o Iprem (2.151,36 euros).

Finalmente, si o arrendatario da vivenda ten discapacidade intelectual igual ou superior ao 33 por cento ou física superior ao 65 por cento, ou padece determinadas enfermidades o límite máximo de renda será de 5 veces o Iprem (2.689,20 euros ao mes).

O límite máximo de ingresos incrementarase en 0,1 veces o Iprem por cada fillo ou persoa maior de 65 anos integrante da unidade familiar. No caso de familias monoparentais, incrementarse 0,15 veces o Iprem por cada fillo.

Polo que respecta ao custe do alugueiro da vivenda e os subministros básicos para a mesma (auga corrente, electricidade, gas, gasóleo para calefacción, servizos de telecomunicación fixa e móbil e posibles contribucións á comunidade de propietarios) deberán ser iguais ou superiores ao 35 por cento dos ingresos netos mensuais que perciba o conxunto de membros da unidade familiar.

Ademais, é requisito para a concesión da axuda que ningún membro da unidade familiar sexa propietaria ou usufrutuaria de algunha vivenda en España, excepto si acreditan a non dispoñibilidade da mesma por causa de separación ou divorcio, por calquera outra causa allea á súa vontade ou cando a vivenda resulte inaccesible por razón de discapacidade do seu titular ou de algunha das persoas que conforman a unidade de convivencia.

Tampouco está permitido que algún membro da unidade familiar teña parentesco en primeiro ou segundo grao de consanguinidade ou de afinidade coa persoa arrendadora da vivenda ou sexa socia ou partícipe da persoa física ou xurídica que actúe como arrendadora da vivenda.

SOLICITUDE

As solicitudes presentaranse preferentemente por medios telemáticos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, onde está dispoñible o formulario de solicitude. É imprescindible que na solicitude se consten os seguintes datos:

  • Data dende a que se está na situación de vulnerabilidade
  • Ingresos netos e importe da renda
  • Gastos de subministracións do mes anterior á solicitude
  • Composición e ingresos da unidade familiar.

Xunto coa solicitude tamén deberán presentarse, obrigatoriamente, a seguinte documentación:

  • Contrato de alugamento da vivenda.
  • Extractos ou certificados bancarios, acreditativos do pagamento das últimas tres mensualidades da renda do contrato anteriores ao primeiro mes para o que se solicita a axuda.
  • Documentación acreditativa do número de conta bancaria da persoa arrendador, no caso de non constar nos dous documentos anteriores
  • De ser o caso, solicitude da axuda transitoria de financiamento (préstamo ICO).
  • Declaración responsable das persoas integrantes da unidade de familiar
  • Documentación acreditativa dos ingresos do solicitante e a unidade familiar correspondentes ao mes anterior ao da presentación da solicitude.
  • Documentación acreditativa dos gastos e subministracións básicos da vivenda habitual relativos ao mes anterior ao da presentación da solicitude.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o luns, día 25 de maio e rematará o día 30 de setembro de 2020.

NORMATIVA

Resolución do 19 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa de axudas para contribuír a minimizar o impacto económico e social do COVID-19 nos alugueiros de vivenda habitual, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento VI432E). (DOG nº 98 do 22 de maio de 2020).

Ligazón á normativa

BONO DE ALUGUEIRO SOCIAL DO PLAN REHAVITA. PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS.

 Continuación da tramitación de expediente relativo ás Subvencións complementarias ás dos programas do bono de alugueiro social e do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero, de conformidade co Acordo do Consello da Xunta do 24 de abril de 2020.

 OBXECTO

concesión directa das subvencións complementarias ás dos programas do bono de alugueiro social e do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero.

Estas axudas son complementarias ás subvencións concedidas ás persoas beneficiarias dos programas do bono de alugueiro social e do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero e teñen a finalidade de subvencionar, conxuntamente con estas, o importe mensual da renda do alugueiro da vivenda, satisfacendo deste xeito unha solución habitacional a colectivos especialmente vulnerables

PERSOAS BENEFICIARIAS E REQUISITOS

Serán beneficiarias destas axudas complementarias todas as persoas que na data de publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia teñan unha resolución de concesión inicial ou, de ser o caso, de prórroga do Programa do bono de alugueiro social ou do Programa do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero, así como aqueloutras que resulten beneficiarias en virtude das actuais convocatorias.

Será requisito necesario para ser persoa beneficiara destas axudas que no expediente de concesión conste o correspondente contrato de alugamento da vivenda achegado pola persoa interesada.

CONTÍA DA AXUDA E DURACIÓN

A contía da axuda será polo importe da renda mensual do contrato de alugamento da persoa beneficiaria non subvencionado no marco dos programas do bono de alugueiro social ou, de ser o caso, do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero.

A axuda terá unha duración máxima de sete meses, desde o 1 de xuño ata o 31 de decembro de 2020

PRAZO

O prazo para a presentación de solicitudes desta convocatoria comezará o 04/02/2020 e terminará ao esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria e, en todo caso, o día 11 de decembro de 2020.

BASES REGULADORAS

As subvencións deste programa rexeranse polas bases reguladoras contidas na Orde do 18 de decembro de 2018, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa do bono de alugueiro social do Plan rehaVIta, Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020, publicadas no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) núm. 4 do 7 de xaneiro de 2019, modificada pola Orde do 16 de decembro de 2019 (DOG núm. 248 do 31 de decembro).

SUBVENCIÓNS DOS PROGRAMAS DE FOMENTO DA MELLORA DA EFICACIA ENERXÉTICA E SUSTENTABILIDADE EN VIVENDAS E DE FOMENTO DA CONSERVACIÓN, DA MELLORA DA SEGURIDADE DE UTILIZACIÓN E DA ACCESIBILIDADE EN VIVENDAS DO PLAN ESTATAL DE VIVENDA 2018-2021.

Permanece aberto o prazo de solicitudes ata o vindeiro 02 de xuño de 2020.

Back to top

Usamos cookies en nuestra Web para mejorar tu experiencia de usuario. Asumimos que estás de acuerdo pero tienes la opción de no aceptar cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar