AXUDAS DO PROGRAMA SINERXIA DA INTERNACIONALIZACIÓN

A continuación descríbense brevemente as características principais desta liña de axudas, aínda que a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución do 19 de xullo de 2019 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas do Programa Sinerxía da Internacionalización, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº 145 do 1 de agosto de 2019). https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190801/AnuncioO92-190719-0001_gl.html

OBXECTO

As presentes bases teñen por obxecto aprobar as condicións polas cales se rexerá a concesión de axudas por parte do Igape para favorecer o incremento da internacionalización das empresas galegas non pemes, coa finalidade de incentivar e estimular o comercio exterior galego e a internacionalización.

O obxectivo principal deste programa é conseguir a internacionalización real de empresas galegas e propiciar a comercialización dos seus bens e servizos nos mercados exteriores.

As actuacións que engloban están dirixidas a:

  1. Aumentar a base de empresas exportadoras.
  2. Fomentar e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.
  3. Conseguir unha maior diversificación, tanto sectorial como xeográfica das exportacións, incorporando novos mercados e produtos aos procesos de internacionalización das empresas galegas.
  4. Difundir a cultura da internacionalización como ferramenta de progreso e competitividade.

ACTUACIÓNS, GASTOS SUBVENCIONABLES

  1. Serán subvencionables a participación de empresas galegas que superen o límite establecido para seren pemes no seguinte tipo de actuacións:
  2. Misións empresariais directas ao estranxeiro (incluíndo encontros empresariais ou visitas a feiras que teñan lugar en calquera país estranxeiro).
  3. Participación en feiras ou noutros eventos expositivos que se celebren no estranxeiro, así como aqueles outros eventos promocionais do tipo congresos, conferencias ou simposios que, aínda que non teñan un compoñente expositivo como tal, permitan indudablemente a promoción da empresa a nivel internacional e teñan lugar no estranxeiro.

E que sexan convocadas polas cámaras de comercio declaradas entidades colaboradoras no marco das axudas do Plan Foexga 2019-2020.

Gasto subvencionable:

O importe facturado en concepto de cota polas entidades colaboradoras para a participación do solicitante nas accións organizadas no marco do Plan para o fomento das exportacións galegas 2019-2020, sendo esta cota a resultante da convocatoria de cada actuación e de importe non superior ao resultante para as pemes participantes en accións do Plan Foexga 2019-2020.

A cota deberá ser certificada para cada convocatoria pola entidade colaboradora organizadora da actuación.

Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados entre o día da presentación da solicitude de axuda e a data de fin de execución segundo o establecido na convocatoria destas bases e na resolución de concesión. Tamén serán subvencionables os gastos efectuados con anterioridade á da presentación da solicitude de axuda correspondentes a: reserva das empresas de participacións nas accións.

BENEFICIARIOS

  1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:
  2. Que superen os límites establecidos para definición de peme segundo o anexo I do Regulamento nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE 26.6.2014, L 187).
  3. Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.
  4. Que estean dadas de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir do 1 de xaneiro de 2013. A solicitude de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización deberá facerse antes do remate do prazo de fin de execución da actuación, a través do procedemento do Igape IG192.
  5. As beneficiarias deberán estar ao día nas súas obrigas coa Facenda Pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social e non ser consideradas empresas en crise. Para estes efectos de empresa en crise, convén ter en conta a definición de empresa en crise que aparece na epígrafe 18 do artigo 2 do Regulamento nº 651/2014 da Comisión. Tamén deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia para ser beneficiaria da axuda, e cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións.
  6. Que cumpran a normativa de axudas de minimis segundo o previsto no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013), para as empresas do sector pesqueiro no Regulamento (CE) nº 717/2014 da Comisión, do 27 de xuño de 2014, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L 190, do 28.6.2014) e para as empresas do sector agrícola no Regulamento 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352 do 24 de decembro de 2013) e o Regulamento (UE) 2019/316 da Comisión do 21 de febreiro de 2019 que o modifica (DOUE L 51 do 22 de febreiro de 2019).
  7. Que estean ao día nos pagamentos adebedados ás cámaras de comercio, industria y navegación de que formen parte.

PRAZO  DE SOLICITUDE

O prazo de presentación de solicitudes  abrese o 8 de agosto e remata o 8 de setembro  de 2019, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Back to top

Usamos cookies en nuestra Web para mejorar tu experiencia de usuario. Asumimos que estás de acuerdo pero tienes la opción de no aceptar cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar