AXUDAS Á VALORIZACIÓN E Á SEGUNDA TRANSFORMACIÓN DAS PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS DA INDUSTRIA FORESTAL GALEGA E DO CONTRACT

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) a nova convocatoria do programa de axudas por dous millóns de euros para impulsar a xeración de valor e a innovación nos procesos industriais do ámbito forestal. Está destinado ás pemes e micropemes que realicen segunda transformación e do sector contract.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o vindeiro 29 de xuño.

As axudas, das que se espera que se poidan beneficiar arredor de 40 empresas do sector, alcanzarán un 50% dos investimentos e ata un máximo de 200.000 euros por beneficiario.

Os proxectos terán por obxectivo aumentar a produtividade; a implantación de técnicas que permitan obter novos produtos ou produtos valorizados, ou implantar procesos que favorezan a minoración do impacto ambiental.

A través desta convocatoria, apóiase a compra de maquinaria nova vinculada aos procesos de produción da empresa e de secado da madeira e as obras e instalacións necesarias para a súa correcta instalación e funcionamento; a implantación de tecnoloxías da información e da comunicación, e outros bens de equipamento que formen parte do activo da empresa e interveñan no proceso produtivo.

Ademais, tamén se poden obter apoios para a implantación e certificación da cadea de custodia de madeira certificada, de normativas de calidade e plans de mellora de xestión empresarial.

Como novidade, os proxectos desenvolveranse durante dúas anualidades para facilitar a execución do investimento polos beneficiarios.

Entre os criterios de valoración, prímase a creación de emprego e os postos de traballo indefinidos e para colectivos con maiores dificultades para acceder ao mercado laboral, e inclúese, entre outros aspectos, puntuación adicional se a empresa dispón do marcado CE para algún dos produtos que fabrique; se dispón de sistemas de xestión da calidade e se a xerente é unha muller.

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan para o ano 2020, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas á valorización e á segunda transformación das pequenas e medianas empresas da industria forestal galega e do contract

Axudas para formación

Neste ámbito, Xera tamén ten en marcha unha nova orde de axudas por 500.000 euros para a celebración de cursos de formación específicos con asociacións, fundacións e colexios profesionais do sector forestal, que prevé celebrar 130 accións formativas e chegar a 2000 profesionais. O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria permanecerá aberto ata o próximo 15 de xuño.

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2020, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a organización de actividades formativas non regradas e de divulgación que impulsen o coñecemento, a competitividade e a innovación da industria forestal de Galicia (código de procedemento IN501A)

Back to top

Usamos cookies en nuestra Web para mejorar tu experiencia de usuario. Asumimos que estás de acuerdo pero tienes la opción de no aceptar cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar